Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

3.00Kg
Mostrando 13-24 de 220
Mostrar:  

10/06/2019

Turba chegou ao Refuxio xunto con outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. Moi boíña.

26/04/2019

Uxes chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten catro anos e é tranquila e boíña.

12/04/2019

Patxi foi recollido na zona do Paxonal, (Santiago de Compostela) pero días atrás tamén fora visto nunha colonia felina doutra zona bastante afastada. Non sabemos se o abandonaron ou se perdeu, pero é un gatiño claramente caseiro.

12/04/2019

Micho foi recollido nunha aldea do concello de Teo, con síntomas de intoxicación.

01/04/2019

Anais é unha de tantos gatiños que chegaron ao Refuxio o verán pasado. Foi recollida na zona de Volta do Castro (Santiago de Compostela) con apenas un mes, moi feble e parasitada. Pero agora está totalmente recuperada e lista para irse a un fogar definitivo :) É moi boíña e xoguetona.      

20/03/2019

Recollido no concello de Teo, chegou en moi malas condicións. É un gato moi cariñoso, tranquilo, agradecido e que se leva ben con outros gatos.

11/03/2019

Cativo irmán de 101-19 Malta, atopados no percorrido do camiño de Santiago por uns pelegrins. Non saben que facer con eles e os deixan nas Grúas Norte a un home. De apenas dous mesiños.

16/02/2019

Recollido polo Servizo de Recollida Animal, Peluchito chegou cunha obstrucción uretral. Agora atópase moito mellor pero precisa tomar unha dieta especial para evitar unha posible recaída. É un gato bastante medroso, pero déixase manipular sen ofrecer resistencia e lévase moi ben con outros gatos.

18/12/2018

Recollida no concello de Teo no 2018, Pitusa segue a ser unha gata medrosa pero boíña. É tranquila, gústalle a xente e lévase ben con outros gatos. Nun fogar pensamos que melloraría moito máis, só precisa que alguén lle dea unha oportunidade.    

10/12/2018

Ágata foi recollida xunto a Pipo por Protección Civl de Teo. Parece que non estaban acostumados ao trato coa xente e estalles custando bastante adaptarse ao Refuxio. Son moi medrosos e desconfiados.

10/12/2018

Pipo foi recollido xunto a Ágata por Protección Civl de Teo. Parece que non estaban acostumados ao trato coa xente e estalles custando bastante adaptarse ao Refuxio. Son moi medrosos e desconfiados.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña