Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

32.00Kg
Mostrando 13-24 de 36
Mostrar:  

13/12/2019

Recollido no concello de Santiago de Compostela, Toupa chegou ao Refuxio en decembro do ano pasado. É un can activo e algo mandón con outros machos, aínda que actualmente convive perfectamente con varios. Non é especialmente cariñoso, pero si lle gusta a compañía da xente.

28/05/2019

Recollido en Santiago de Compostela. Lenon leva xa uns meses con nós e, aínda que ó principio estaba algo asustado, agora é un can tranquilo e boíño. Non é extremadamente cariñoso, pero si lle encanta que lle rasquen o lombo. Lévase ben cos seus compañeiros de canil cos que nunca deu problemas, aínda que prefire pasear en solitario antes que xogar con eles.

06/05/2016

Pallá é un canciño agarimoso e bonachón, cunhas orellas moi características que fan del un can moi especial. Cando chegou era un pouco mandón con outros machos, pero agora, catro anos máis tarde e con máis de dez anos ás súas costas, é un can pacifico e tranquilo. Pode convivir con outros amigos peludos sen problema ☺️ Merece atopar un fogar xa que é un avoíño e o Refuxio non é o lugar máis adecuado para el. Alguén se anima?    

26/03/2016

Moi boa pero últimamente se escapa e mata galiñas, adoptada no Refuxio fai uns anos, a voltan polo seu comportamento. Ten chip

09/12/2013

Atopaa un home e deixa na escola do Tambre. É moi boa e todos os nenos están pendente desta gran moneca.

27/11/2012

Atopado en Augapesada (Ames) xunto a outro can, Bare. Son moi activos e cariñosos.

30/09/2011

Atopada na entrada Monte do Gozo. Esperan 2 días para tráela ao Refuxio por se aparecera o dono. Parece que tivo crías fai poco.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña