Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

3.50Kg
Mostrando 13-24 de 126
Mostrar:  

05/12/2019

Recollido na zona de Lavacolla. Chega moi asustado e segue a ser bastante medroso, pero é boíño e lévase moi ben con outros gatos.  

09/08/2019

Recollido na zona de Mallou (Santiago de Compostela). Chega moi asustado pero déixase manipular e acariñar sen mostrar ningún tipo de agresividade.

19/07/2019

Recollido na Avenida de Lugo polo Servizo de Recollida Animal. Chega co padal roto e ten que ser intervido de urxencia. Parece un gato caseiro.

28/06/2019

Recollida no concello de Teo por Protección Civil. É moi velliña.

26/04/2019

Ordes chegou ao Refuxio xunto con outros vinteún gatos debido a un desafiuzamento. Ao igual que os seus compañeiros, chegou moi asustado pero non tardou en coller confianza e amosarnos o seu carácter bonachón. Viña con problemas de pel e houbo que tratalo, unha vez recuperado levouse cos seus compañeiros e volveu recaer, en varias ocasións. Agora está cun penso especial e moi recuperado, pero precisamos atoparlle algo canto antes. Alguén se anima a ofrecerlle un óco? É un gato adorable, xoguetón, simpático e cariñosísimo. Lévase ben con outros gatos. Ten arredor de catro anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado e esterilizado.

25/04/2019

Miñoca chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. É bastante medrosa e independente.

25/04/2019

Sunday chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten cinco anos e é unha gatiña tranquila e sociable.

25/04/2019

Maiki chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten cinco anos e é unha gatiña tranquila e boíña.

25/04/2019

Fibi é outra das gatas que chegou ao Refuxio debido a un desafiuzamento. Ao igual que os seus compañeiros, é unha gatiña moi sociable, cariñosa e que se leva ben con outros gatos. Ademais é tranquila, agradecida e moi doce á que lle encanta estar no colo. Precisa atopar un fogar canto antes.  
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña