Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo medio-curto
Mostrando 349-360 de 410
Mostrar:  

14/06/2019

Recollida xunto con Lúa no concello de Teo. Foi recollida xunto con Lúa no concello de Teo e, a pesar de que ó principio ambas estaban bastante asustadas, Noa non tardou en coller confianza. Agora é a primeira que quere saír para recibir agarimos de todos. É unha cadela moi curiosa, educada, obediente e sabe pasear perfectamente con correa.

22/05/2019

Apareceu amarrada ó sinal de entrada ó Refuxio no 2019. Tiña a zona da columna queimada, sen pelo, e non sabía camiñar por superficies distintas ó cemento. Foi todo un acontecemento para ela descubrir o que era a herba fresca Ó pouco de chegar ufriu un accidente, enganchando a mandíbula nunha reixa e rompéndoa. Tivo que pasar por quirófano para solucionar este problema, e estar un mes en repouso cunha cerclaxe na boca pero, afortunadamente, todo saíu ben e quedou perfecta Portouse moi ben durante todo este tempo a pesar do incómodo da situación. Non é apta con outros cans nin con gatos, pero coa xente é un auténtico encanto e moi delicada. Cremos que xa o pasou bastante mal nos seus primeiros catro anos de vida, así que xa vai sendo hora de que saiba o que é o amor e o calor dun fogar.
Precísase licencia PPP.
 

22/05/2019

Atopado en Mourentán (Santiago de Compostela), cheo de carrachas. Algo tímido pero boíño, e non parece estar acostumado a  pasear con correa. Pouco a pouco colle confianza. Sube por medio do Servizo de Recollida Animal.

22/05/2019

Atopado no Parque da Alameda. Parece algo desconfiado pero pouco a pouco colle confianza. Sube a través do Servizo de Recollida Animal.    

16/05/2019

Ataopado no Parque de Montouto en Teo, probablemente sexa dunha casa preto desa zona, xa que é moi confiado e cariñoso. Aparte de estar castrado. Sube por medio da Proteccion Civil de Teo.

09/05/2019

Atopado en Cacheiras, Teo, sube por medio da Proteccion Civil. Can moi bonachón e tranquilo, chega cun pouco de medo pero de seguida colle confianza. Moi ben coidado.

07/05/2019

Atopado en Val do Dubra xunto con outro can (Simón), chegaron en moi malas condicións, moi delgados e con problemas de pel. Agora xa se atopa recuperado e parece outro É moi alegre, activo, xoguetón e encántalle corricar cos seus compañeiros de canil. Non é especialmente cariñoso, pero si lle gusta moito estar coa xente.  

25/04/2019

Recollido en Santiago de Compostela polo Servizo de Recollida Animal. Chega con colar pero non ten chip.  

10/04/2019

Romina chegou ao Refuxio xunto coa súa nai e as súas tres irmás (Fany, Trina e Lima). Foron recollidas no concello de Teo e subidas ao Refuxio a través de Protección Civil. Eran moi pequeniñas cando chegaron pero agora xa están listas para irse a un fogar definitivo así que agardamos que alguén se fixe nelas en breve.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña