Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Macho
Mostrando 4177-4188 de 4229
Mostrar:  

09/11/2005

Atopouno a Garda Civil na autoestrada; se non o retiraran a tempo morreria atropelado. É especialmente cariñoso coa xente, anque cos machos é peleón; e agatuña polas reixas.

26/10/2005

Estaba cheo de perdigóns. O cazador que se atopou con él debía ter mala puntería; non vía ben ou era incapaz de distinguir un can dunha peza de caza. Non queremos pensar que lle disparase adrede... A pesar de todo é moi cariñoso, e como todos, non garda ningún rencor á especie humana.

24/10/2005

É precioso. Coa xente é un auténtico encanto. Na súa xaula mira con verdadeira tristeza. É incompatible cos machos.

24/10/2005

Atopárono en Trasmonte. Levaba tempo vagabundeando. É un pouco dominante cos machos, a pesar do seu pequeno tamaño, pero coa xente é moi bo.

14/10/2005

Abandonárono nos arredores do Refuxio. Era un día moi frío e con choiva e debeu pasar toda a noite ao ventimperio. Pola mañá case non se vía; estaba durmido e non podía andar. É moi cruel deixar así un animal maior.

14/10/2005

Hospitalizaban á dona e a familia non o podía ter. Pasouno moi mal cando chegou: case morre. É demasiado cariñoso para estar nunha gaiola.

19/09/2005

Apareceu na porta do Refuxio como esperando a que lle abrísemos para pasar. É demasiado cariñoso e só quere xogar. Estivo moi enfermo pero afortunadamente xa se recuperou.

15/09/2005

Trouxérono xunto con outro can logo de aparecer nun coto de caza polo que sospeitamos que sexan dalgún cazador. É moi cariñoso e xoguetón.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña