Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2003
Mostrando 25-36 de 38
Mostrar:  

28/01/2006

A súa dona morreu e os seus netos trouxérono ao Refuxio, xunto cun compañeiro, porque se escapaba e comía ás galiñas pero é moi cariñoso.

02/01/2006

Tiña un cacho de cadea inserida no pescozo, probabelmente dun cazador. É moi bo e leva moi mal estar pechado.

24/10/2005

É precioso. Coa xente é un auténtico encanto. Na súa xaula mira con verdadeira tristeza. É incompatible cos machos.

14/10/2005

Hospitalizaban á dona e a familia non o podía ter. Pasouno moi mal cando chegou: case morre. É demasiado cariñoso para estar nunha gaiola.

19/09/2005

Apareceu xunto a outros cans que agora tamén están no Refuxio, Skap e Cea. Estaba xestante e tivo oito cachorros.

15/09/2005

Trouxérono xunto con outro can logo de aparecer nun coto de caza polo que sospeitamos que sexan dalgún cazador. É moi cariñoso e xoguetón.

06/09/2005

Ao principio se amosaba desconfiada pero pronto aceptou a todo o persoal volveuse moi cariñosa. Ao pouco de estar con nós decatámonos que de que estaba xestante e tivo catro preciosos cachorros aos que coida marabillosamente. Son como ela, brancos e negros, e como foi unha camada pequena están gordiños.

03/09/2005

A deixaron atada no exterior do Refuxio pero escapou arrastrando a cadea. Isto era preocupante xa que si se metía no monte podía engancharse en calquera cousa e morrer lentamente. Ao final tivemos sorte a conseguimos collela.

11/08/2005

Alguén chamou á policía dicindo que un can rabuñara a unha persoa. Agora que coñecemos a Poli pensamos que non foi con mala intención e que seguramente foi unha demostración de cariño porque é un can excepcional.

23/07/2005

Estaba polos arredores do Refuxio moi asustado e se parecía considerablemente a Lusco. Xuntámolos nun canil e a este puxémoslle Fusco. Duraron pouco xuntos porque Lusco é moi dominante e Fusco a metade dos días non podía comer. Moi bo e cariñoso.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña