Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

3.50Kg
Mostrando 25-36 de 132
Mostrar:  

26/04/2019

Ordes chegou ao Refuxio xunto con outros vinteún gatos debido a un desafiuzamento. Ao igual que os seus compañeiros, chegou moi asustado pero non tardou en coller confianza e amosarnos o seu carácter bonachón. Viña con problemas de pel e houbo que tratalo, unha vez recuperado levouse cos seus compañeiros e volveu recaer, en varias ocasións. Agora está cun penso especial e moi recuperado, pero precisamos atoparlle algo canto antes. Alguén se anima a ofrecerlle un óco? É un gato adorable, xoguetón, simpático e cariñosísimo. Lévase ben con outros gatos. Ten arredor de catro anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado e esterilizado.

25/04/2019

Miñoca chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. É bastante medrosa e independente.

25/04/2019

Sunday chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten cinco anos e é unha gatiña tranquila e sociable.

25/04/2019

Maiki chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten cinco anos e é unha gatiña tranquila e boíña.

25/04/2019

Fibi é outra das gatas que chegou ao Refuxio debido a un desafiuzamento. Ao igual que os seus compañeiros, é unha gatiña moi sociable, cariñosa e que se leva ben con outros gatos. Ademais é tranquila, agradecida e moi doce á que lle encanta estar no colo. Precisa atopar un fogar canto antes.  

25/04/2019

Ralfi chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten seis anos e é unha gatiña moi sociable. Ao igual que os seus compañeiros, chegou moi asustada pero cunhas caricias e algunha lambonada é moi doado gañar a súa confianza.

25/04/2019

Tronchi chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten seis anos e é unha gata tranquila e, polo menos de momento, bastante medrosa.

12/03/2019

Atopada en San Marcos, cativa de apenas 2 meses. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

11/03/2019

Cativo irmán de 100-19 Rufo, atopados no percorrido do camiño de Santiago por uns pelegrins. Non saben que facer con eles e os deixan nas Grúas Norte a un home. De apenas dous mesiños.

26/01/2019

Atopado no Concello de Boqueixón, sube pola Proteccion Civil. Atopado nunha caixa enterrado cos seus dous irmán que foron adoptados. Moi bo e alegre.

17/01/2019

Recollida en Cacheiras tras o aviso dunha veciña. É unha gata rueira que leva tempo por alí, pero ten bó carácter e déixase acariñar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña