Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

C.Europeo
Mostrando 25-33 de 33
Mostrar:  

06/12/2018

Zulema leva con nós dende finais do 2019, logo de que a recollesen xunto cos seus cachorros. Chegou sendo moi tímida e medrosa, aínda que se deixaba manipular bastante ben 😊 Debido á súa timidez pasou bastante tempo do máis desapercibida nas gateiras. En canto vía xente, agochábase ou quedaba tumbada nunha das súas camiñas sen moverse nada de nada, con pánico incluso na súa mirada 😔 Pero desde hai un par de meses, comezou a mudar a súa actitude. Agora en vez de fuxir do contacto da xente, parece que te mira para que a vaias acariñar e, unha vez chegas a onde está ela e lle empezas a rascar no lombo, érguese dando voltas sobre ela para que a acaricies, restregándose na túa man e brazo 🙈 A verdade que nos fan moi felices este tipo de cambios e pensamos que agora que xa se acostumou á xente, é hora de que atope un fogar definitivo no que ser feliz. É unha gata un pouco “moble”, tranquila e á que lle encanta durmir ☺️, pero que precisa a súa dose de mecos. Pensamos que nun fogar non daría moito traballo e, aínda que é posible que tarde un tempo en adaptarse, vai facer moi feliz á súa familia, porque é desas gatiñas que chegan ata o máis profundo do teu corazón con esa mirada e esa actitude que ten ela 😊          

05/12/2018

Atopada na Avenida da Coruña no Campus. Tipica gatiña rueira de apenas tres meses.Dócil e gordiña. Sube polo Servicio de Recollida Animal.

27/11/2018

Atopados en Teo, con outros dious gatiños máis, parecen irmans, 2 machos e unha femia. Irman de 689-18 PEPERETE e 688-18 PEPERETA.

27/11/2018

Peperete foi recollido en Teo xunto a outros dous gatiños, Peperetillo e Pepereta. Non están acostumados a estar con xente e estalles custando adaptarse ao Refuxio. Son boíños pero moi medrosos.

27/11/2018

Pepereta foi recollida en Teo xunto a outros dous gatiños, Peperetillo e Peperete. Non están acostumados a estar con xente e estalles custando adaptarse ao Refuxio. Son boíños pero moi medrosos.  

01/09/2015

Robin chegou ao Refuxio no 2015 sendo un cachorriño de poucos meses (tras ser rescatado do motor dun coche en Santiago de Compostela), e actualmente é o gato que máis tempo leva con nós. Segue sendo un gato bastante tímido, pero agardamos que  a pesar diso a súa sorte cambie e atope un fogar. Está acostumado a convivir con máis gatos.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña