Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

3.50Kg
Mostrando 37-48 de 132
Mostrar:  

11/01/2019

Atopado unha camada de tres cachorros de apenas 2 meses, 1 femia e dous machos. Suben pola Proteccion Civil de vedra. Irman de 22-19 DAYSI e 24-19 AZUL.

05/01/2019

Chusa foi recollida nunha colonia felina de Teo xunto con outros membros da súa familia. Sempre foi unha das nosas gatiñas menos sociables, con moito medo e sen acabar de adaptarse ao Refuxio. Insistimos en que o Refuxio non é un punto limpo ao que levar os animais que estorban, no caso das colonias debe aplicarse o método C.E.S. ou C.E.R. e non optar pola solución máis rápida e fácil, que non é a mellor para os gatos.
Nos últimos meses está bastante cambiada, segue a ser algo desconfiada pero xa non escapa cando nos achegamos e xa se deixa acariñar. Nunha casa seguramente avanzase moito máis, pero isto só sería posible se alguén decide darlle unha oportunidade.
Chusa ten arredor de seis anos e é preciosa, pero sabemos que vai ser difícil que alguén se fixe nela polo seu carácter, pero hai que intentalo. Lévase ben con outros gatos e sabemos que noutro ambiente, aínda que non chegue a ser unha gata de colo (ou igual si), si pode cambiarlle o carácter. Precisa algo de tranquilidade e paciencia. Alguén se anima? Ela tamén merece unha oportunidade.
 

02/10/2018

Atopada nas Cancelas, no Centro Comercial; bastante tímida e medosa. Chega polo Servicio deRecollida Animal.

18/09/2018

Estaba no cemiterio de Aríns. Avisan os veciños para que o quiten de alí. É bó pero con carácter.  

27/06/2018

Recollido xunto á igrexa de San Lázaro. Achégase á xente porque é un gato moi mimoso. Está ben coidado.

20/06/2018

Peludita chegou ao Refuxio atropelada. Tiña un golpe na cabeza e estaba en shock, pero pouco a pouco foi recuperando. Quedoulle un andar "orixinal"  pero pode facer vida completamente normal, sempre e cando sexa en interior. É unha gata tranquila, sociable, lambona e á que lle encanta beber das billas :D É preferible que vaia para un fogar no que non  haxa máis gatos xa que aínda que actualmente convive con algún, non se leva moi ben con eles.    

17/06/2018

Tipica camada de 4 gatiños de apenas 2 meses. Atopados na Susana, chegan moi febles de saúde e parasitados. Irman de 316-18 Siam, 317-18 Tokyo, 319 -18 Ankara. Suben polo Servicio de Lacería.

08/06/2018

Atopado na cruz vermella, moi bo, chega un pouco mollado e está en bo estado. Sube polo Servicio de Lacería.

28/05/2018

Atopada no acceso da TVG, moi boa cadela, xa entrada en idade. Chega con algún nó. Sube polo Servicio de Lacería.

27/05/2018

AtopadaS dúas camadas de gatiños , unha camada de apenas 1,5 meses , 1 macho e unha femia ( Irmán de 270-18 Ucrania,) Aparecen nos Tilos.

27/05/2018

AtopadaS dúas camadas de gatiños , unha camada de apenas 1,5 meses , 1 macho e unha femia ( Irmán de 271-18 Moscú,) Aparecen nos Tilos.

25/05/2018

Atopado en Vidan, pequecho felino de apenas dous meses. Sube polo Servicio de Laceria.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña