Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

4.00Kg
Mostrando 37-48 de 216
Mostrar:  

11/09/2017

Recollida preto do Fogar do Santiso, onde levaba algún tempo según din os veciños. É doméstica, moi boa.

29/04/2017

Atopado na Beneficiencia de Conxo unha nai cunha camada de 4 gatiños. Moi bos e sociables para ser rueiros.

08/02/2017

Atopado na r/ da Vara, Fontiñas. Tipica gata asilvestrada. Subida o Refuxio polo Servicio de Lacería.

07/02/2017

Pedro é un mico nobre, tímido, independente e tranquilo, ao que lle segue a custar confiar un pouco nos humanos, seguro que como consecuencia da súa vida pasada. Foi atopado no Barrio de San Pedro (Santiago de Compostela) no 2017 e dende entón segue con nós á procura de que alguén se fixe nel e lle ofreza un fogar definitivo. Lévase ben con outros gatos e aínda que segue a ser medroso, déixase manipular perfectamente e encántanlle as lambonadas.            

07/02/2017

Sam é un mico independiente, tranquilo e tímido. Chegou ao refuxio no 2017 e, aínda que ao principio estaba morto de medo e apenas se asomaba, pouco a pouco foi collendo confianza e achegándose. Porén, precisa atopar un fogar onde saiban  ter paciencia posto que segue a ser bastante desconfiado. Lévase ben con outros gatos. Xa vai sendo hora de que a súa sorte cambie e lle poidan dar tódolos agarimos que se merece. Entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado e castrado.       

02/02/2017

Furacán chegou ao Refuxio a comezos do 2017, polo que xa leva máis de dous anos connosco. Ao principio chegou morto de medo, ocultábase nos lugares máis recónditos da gateira na que vive para pasar desapercibido. A día de hoxe, aínda que segue a ser medoso, xa comeza a confiar un pouco e atura sen problemas a presenza humana, aínda que lle segue custando achegarse o suficiente como para darlle os agarimos que tanto se merece. É un mico noble, tranquilo e independente que busca un fogar onde a persoa ou persoas que o adopten poidan darlle o espazo e a compresión suficiente que un mico como Furacán precisa. Calcúlaselle que pode ter arredor de cinco anos.    

04/01/2017

Atopado en Vedra, entra con moito medo, e moi sumiso, chega algo delgado e parasitado.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña