Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Descoñecido
Mostrando 37-48 de 3360
Mostrar:  

17/06/2018

Tipica camada de 4 gatiños de apenas 2 meses. Atopados na Susana, chegan moi febles de saúde e parasitados. Irman de 316-18 Siam, 318-18 Pekin, 319 -18 Ankara. Suben polo Servicio de Lacería.

16/06/2018

Atopado no motor dun coche en Galeras (Santiago de Compostela). Chega con apenas dous meses e é algo tímido pero boíño.

31/05/2018

Mateo chegou ao Refuxio a través do Servizo de Recollida Animal, logo de que o atopasen soíño e esfameado no Campo do Forno (Santiago de Compostela), con pouco máis de mes e medio de idade. É moi sociable, amoroso, simpático, travieso, xoguetón e lévase ben con outros gatos.          

27/05/2018

Atopadas dúas camadas de gatiños , unha camada de apenas 3 meses , 2 machos e unha femia ( Irmán de 268-18 Kiev, e 269-18 Molotov) Aparecen nos Tilos.    

15/05/2018

Grilo chegou ao Refuxio tras ser atropelado, co padal e mandíbula rotos, unha luxación nunha patiña traseira e cos ollos danados. A consecuencia disto perdeu un ollo e quedou cego do outro, pero iso non lle impide facer vida completamente normal no interior dun fogar. É un gato cariñosísimo, ronroneador, xoguetón, alegre e que se leva ben con outros gatos. Alguén se anima  a adoptar un dos nosos gatos máis especiais? Entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado e esterilizado.            

02/05/2018

Gloria foi recollida na zona de Vistalegre (Santiago de Compostela), moi delgada, con problemas de pel e síntomas de intoxicación. Agora xa está máis que recuperada e non parece nin a mesma gata :) É boíña e tranquila,  pero tamén algo tímida e independiente, polo que precisaría un fogar que xa teña experiencia con gatos ou algo de paciencia para gañarse a súa confianza. Lévase moi ben con outros gatos.             

22/04/2018

Atopado cos seus tres irmans, no Centro Hipico La Lagunita,típica camada de 4 gatiños.Moi boíños.Irman de 197-18 Badger, 199-18 Belle e 200-18 Gracie

22/04/2018

Atopado cos seus tres irmans, no Centro Hipico La Lagunita,típica camada de 4 gatiños.Moi boíños. Irman de 198-17 Amber, 199-18 Belle e 200-18 Gracie

20/04/2018

Atopada en Vedra coa cadera rota, Cinderela é un dos nosos casos especiais xa que ten insuficiencia renal. De momento mantense estable e fai vida completamente normal, só tería que tomar unha dieta especial para gatos con esa enfermidade. É moi sociable e encántalle a xente, pero é bastante rosmona, e  non se leva ben con outros gatos. Alguén se anima a ofrecerlle un fogar?                  

18/04/2018

LÍA necesita un hogar. Ha estado siempre en aldea pero es perra de casa. Es algo nerviosa pero por que es muy cariñosa y quiere estar siempre con alguien. Tiene unos 7 años. Ha estado siempre cuidada y tiene todas las vacunas necesarias. Contacto: liabuscahogar@gmail.com

15/04/2018

É un dos fillos de Clarisa. A diferenza dos seus irmáns que xa foron atopando fogares, nel ninguén se fixou aínda pero agardamos que a súa sorte cambie en breve. É un gatiño moi bo, cariñoso, xoguetón e que se leva ben con outros gatos.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña