Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo curto
Mostrando 6157-6168 de 6311
Mostrar:  

01/08/2007

Chamou unha muller que avisou que a cadela levaba máis dun mes perdida na zona do Castiñeiriño. Non leva colar nen chip. Veu xestante e pareu 4 cachorros. É moi boa nai e os cachorros son preciosos.

30/07/2007

Ten unha mirada preciosa cos seus ollos de dous colores. É moi moi cariñosa e ten moitas ganas de xogar.

23/07/2007

Apareceu o día 22 de xullo no parque dos bombeiros. Levaba uns días por alí pero ninguen quixo quedarse con ela.

20/07/2007

Trouxérona con dous cachorros que axiña adoptaron. Ela quedou triste sen os seus pequenos. É moi cariñosa e boa. Esperemos que axiña atope un fogar.

07/07/2007

Deixouno o dono xunto con outra cadela. Quedouse coa nai, seguramente porque valería para cazar ou porque era máis bonita. Seguro que volvera a quedarse xestante.

07/07/2007

Deixouno o dono xunto con outra cadela. Quedouse coa nai, seguramente porque valería para cazar ou porque era máis bonita. Seguro que volverá a quedarse xestante.

05/07/2007

Era maior e tiña unha hernia inguinal que case arrastraba polo chan. Operámola e agora parece un cachorro. Só quere xogar e xogar.

26/06/2007

Atopárona tres señoras en San Caetano, entre a igrexa e a Xunta. Levaba a modo de colar no pescozo un cacho de aramio plastificado, dos que se empregan para facer valados.

25/06/2007

Atopado no patio interior dun comercio na rúa Doutor Maceiras. Estaba en estado comatoso con fortes espasmos. Recuperouse e agora espera atopar un fogar.

28/05/2007

Atoparono abandonado na estrada Santiago-Coruña, á altura de Sionlla. Ia cruzar a estrada, senón a recollía seguramente sería atropelada.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña