Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

mestizo
Mostrando 661-672 de 1861
Mostrar:  

14/06/2019

Recollida xunto con Lúa no concello de Teo. Foi recollida xunto con Lúa no concello de Teo e, a pesar de que ó principio ambas estaban bastante asustadas, Noa non tardou en coller confianza. Agora é a primeira que quere saír para recibir agarimos de todos. É unha cadela moi curiosa, educada, obediente e sabe pasear perfectamente con correa.

15/05/2019

Atopada en Mestre Mateo, Santiago. Moi desconfiada, achégase pero o tentar acariñala fuxe. Sube por medio do Servicio de Recollidaa Animal.

03/05/2019

Atopada en Conxo, na r/ Cruz da Nogueira. Ten arredor de tres meses e é moi sociable e xoguetona. Sube a través do Servizo de Recollida Animal.

28/03/2019

Atopada en Boqueixón, chega con moito medo. Sube a través de Protección Civil de Boqueixón. Cando chegou, era unha cadela moi medrosa e desconfiada, á que lle atemorizaba a correa e calquera persoa que se acercase a ela, chegando a botar a boca. Porén, pouco a pouco foi relacionando todas estas cousas con algo positivo e, aínda que se non coñece segue a ser algo desconfiada, coa xente que coñece é unha cadela excepcional. Encántalle deitarse no colo e tumbarse boca arriba para que lle dean todos os mecos que asumimos que se lle negaron durante bastante tempo. É tranquila, alegre e boíña.

27/03/2019

Miki foi recollido preto de Sigüeiro, cheo de carrachas. É un canciño moi sociable, alegre e activo.  

11/03/2019

Cativo irmán de 100-19 Rufo, atopados no percorrido do camiño de Santiago por uns pelegrins. Non saben que facer con eles e os deixan nas Grúas Norte a un home. De apenas dous mesiños.

11/03/2019

Cativo irmán de 101-19 Malta, atopados no percorrido do camiño de Santiago por uns pelegrins. Non saben que facer con eles e os deixan nas Grúas Norte a un home. De apenas dous mesiños.

10/03/2019

Riazor foi recollido en Aríns, logo de que levase varios días pola zona. Moi bo e algo desconfiado. Sube a través do Servizo de Recollida Animal.  
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña