Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Tamaño mediano
Mostrando 697-708 de 1249
Mostrar:  

24/07/2018

  Recollida na nave Coremain da Costa Vella (Santiago de Compostela) polo Servizo de Recollida Animal. Chegou moi asustada e cunha fractura no rabiño, que houbo que amputar. Agora parece un coelliño É boíña pero segue a ser bastante esquiva e desconfiada, pero agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza. Lévase ben con outros gatos.      

15/07/2018

Spaguetti foi recollido o pasado verán xunto aos seus irmáns Ravioli e Tortelini na rúa das Hortas (Santiago de Compostela), delgadiños e con problemas de pel. Agora xa está totalmente recuperado e é un gato boíño aínda que algo tímido, pero con mimos e algunha lambetada resulta doado gañar a súa confianza. Lévase ben con outros gatos.            

12/07/2018

Atopado en Marrozos, moi saleroso e xoguetón. Chega ben de peso e bastante limpiño. Sube polo Servicio de Lacería.

03/07/2018

Atopado no PAC De San Lazaro, moi bo e sociable. Xoguetón, non para de mover o rabo. Chega un pouco desaliñado de pelo. Sube polo Servicio de Lacería.

02/07/2018

Atopado en Teo, sube pola Proteccion Civil. Moi bo e saneado, apenas dun ano de idade. Moi xogueton e danzarin.

09/06/2018

Rochester chegou ao Refuxio en xuño do 2018, logo de que o recollesen nunha estrada de Vedra un día chuvioso. É un can moi alegre e cariñoso, pero algo celoso e territorial con outros machos. Entregarase con contrato de adopción, chip, vacinado, desparasitado e castrado.    
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña