Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2002
Mostrando 49-58 de 58
Mostrar:  

01/08/2005

Dixéronnos que estaba pola zona xunto con outra cadela de pequeno tamaño. É raro que a xente se atreva a coller este tipo de cans pero logo enterámonos que quen a trouxo tiña un rotweiler. Ao principio estaba asustada e se amosaba agresiva. Agora é moi cariñosa. Estamos pendentes de operala dun defecto nas pálpebras.

24/07/2005

Apareceu abandonada no Refuxio á vez que Boogi. É moi cariñosa e non entendemos como ninguén a adopta.

15/04/2005

É especialmente cariñoso e tranquilo. Non ten problemas con ningún can. Pensabamos que o adoptarían pronto posto que é bonito pero segue esperando que alguén se fixe nel.

19/03/2005

A Korki atopouno unha familia e adoptouno durante anos ata que non puideron seguir ?ocupándose? del. O motivo de que o abandonaran foi a negativa da nora dos donos a ir a visitalos coa súa filla mentres o can estivera na finca. Non ten sentido porque é un animal fiel, dócil e tranquilo.

08/02/2005

Deixárono dentro do Refuxio xunto con outra cadela. Estaba moi asustado e custou moito collelo. Adaptouse perfectamente e é un can moi cariñoso. A demostración disto é que o pasou moi mal cando o separamos da súa compañeira de canil.

05/01/2005

A Bribón tróuxoo un día garda civil xa que detiveran ao seu dono e non había ninguén que se fixera cargo del. É un can fiel ata o punto de que non saía do cuartel da garda civil onde vira por última vez ao seu dono e a pesar de que as portas estaban abertas. É un can ideal para unha finca xa que non lle gustan os sitios pechados.

30/12/2004

Budi procede da antiga canceira. Cando chegou ás nosas mans estaba moi delgado e tivemos que prestarlle moita atención para que recuperara o seu peso ideal. Budi debeu pasar unha mala experiencia con algún cazador porque ao principio asustábase ao escoitar algún disparo no monte ou calquera ruído seco. Ten un gran carácter.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña