Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2010
Mostrando 49-60 de 597
Mostrar:  

11/11/2019

Recollida na zona de Lestedo (Boqueixón). Chega chea de carrachas, moi cansa e con fame.

11/07/2019

Recollido na zona da rúa da Cruz da Nogueira (Santiago de Compostela), non ten chip. Moi alegre e activo.

14/06/2019

Recollida xunto con Lúa no concello de Teo. Foi recollida xunto con Lúa no concello de Teo e, a pesar de que ó principio ambas estaban bastante asustadas, Noa non tardou en coller confianza. Agora é a primeira que quere saír para recibir agarimos de todos. É unha cadela moi curiosa, educada, obediente e sabe pasear perfectamente con correa.

04/06/2019

Atopado na vía Nobel en Santiago xunto con outro can (Twister). Sube a través do Servizo  de Recollida Animal.

25/04/2019

Rai chegou ao Refuxio xunto a outros 21 gatos debido a un desafiuzamento. Ten nove anos e é un gato tranquilo, submiso e moi boíño.    

12/04/2019

Recollido en Santiago de Compostela. É moi sociable e presenta unha cicatriz grande na cara.

10/03/2019

Atopada no Lugar de Castro en San Lázaro e subida ao Refuxio a través do Servizo de Recollida Animal. Moi boíña e sociable, chega bastante delgada.  

29/01/2019

Recollida na zona de Fontiñas (Santiago de Compostela), é unha cadela con carácter e enerxía de cachorro a pesar de ser máis ben unha avoíña. Lévase ben con outros cans e é moi boíña coa xente.

27/01/2019

Selva chegou ó Refuxio a comezos do 2019, tras ser recollida na zona de Vite (Santiago de Compostela), onde levaba varios días 😞
Chegou sendo moi medrosa pero pouco a pouco comezou a confiar na xente e ubicarse na súa nova realidade.
Non ve ben e isto fai que ante cans que non coñece, se poida mostrar algo reactiva. 😕 Pero a pesar deste problema, fai unha vida totalmente normal e ubícase perfectamente en calquera espazo 🥰 Cústalle acostumarse a compartir espazo con outros cans, polo que o ideal sería que fose o único can da familia, aínda que podería compartir con algún can e cadela tranquilo.
É moi agarimosa e mequeira.
 

05/01/2019

Atopada en Valiñas, Teo. Moi boa e sumisa, chega moi parasitada e moi sociable. Delgada.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña