Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

28.00Kg
Mostrando 49-60 de 67
Mostrar:  

08/09/2008

É moi bonita, boa e agarimosa. Non se entende como alguén puido abandonala ou perdela e non ir a buscala.

14/05/2008

Atopado en Marrozos. Levaba varios días diante dunha casa onde lle daban de comer. Os veciños viron como unha muller o levaba atraido xogando con paus e o deixaba abandonado. Era moi desconfiado e ensinaba os dentes.

23/01/2008

Levaba 3 días abandonado. Atopado por unha muller diante da súa casa, gardouno e chamounos. É igual que outro que veu en terribles condicións.

10/11/2007

É extremadamente cariñoso. Non sabemos como pode ser posible que teña un balín na cara interna do muslo.

10/04/2007

É moi cariñoso e comparte gaiola con outros machos. É moi bonito, esperemos que axiña atope un dono.

13/01/2007

Cando chegou estaba moi dolorido e desconcertado. Como era maior non vía moi ben e seguro que se extraviou por iso. Atropelouno un coche. Todo o día estaba chorando. Ao final metémolo dentro do módulo interior esperando que pasaran 20 días para eutanasialo, pois a súa vida no Centro non tiña sentido, pero foi entón cando se transformou, deixou de chorar e séguenos a todos lados. Só quería estar coa xente. Os animais maiores pásano extremadamente mal co abandono.

13/12/2006

Deixárona xunto cos seus dous cachorros en Xinzo. Ao principo era algo desconfiada, pero axiña se mostrou moi agarimosa e deixábanos coller sen problema aos seus cachorros. É moi boa nai. Os seus cachorros non se parecen entre sí, nin a ela. Deberon sair ao seu pai, ou pais ... ( os cans poden ter fillos de distintos pais)

23/07/2006

Apareceu cerca do Refuxio. É unha cadela acostumada a estar coa xente: obediente e sociábel cando colle confianza.

22/07/2006

Atopárona mes e medio antes de chegar ao refuxio pero de súpeto déronse conta de que non se poden ocupar dela. Cando chegou estaba aterrorizada. Non lle pode volver a pasar!

04/03/2006

Meteuse nun garaxe, quizais porque alguen lle fixo unha caricia, e pensou que eles serían a súa familia, pero, desgrazadamente eles non o podían ter.

09/12/2005

Ao principio era incapaz de facer as súas necesidades dentro da gaiola. Pasouno moi mal, é moi tranquilo. Agora, debido á idade, é un pouco cascarrabias ata que coñece aos compañeiros. Está apadriñado
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña