Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2012
Mostrando 73-84 de 535
Mostrar:  

31/07/2018

Pily foi recollida na zona de Conxo fai xa case dous anos xunto con outras catro cadelas. Ela é a máis medrosa de todas e aínda que mellorou bastante, precisa unha familia coa que rematar de perder todos os seus medos. Sabemos que é unha cadela boíña porque nunca tivo un mal xesto con ninguén, pero de momento non se achega demasiado á xente e prefire estar ó seu aire. Precisa unha familia con experiencia nestes casos ou, se non é posible, que estea disposta a invertir tempo e ter paciencia para que ela perda o seu medo e poida mostrarse tal e como é. Estamos seguros de que merecerá a pena e ós seus oito anos, vai sendo hora de que coñeza o que é a calor dun fogar.

31/07/2018

Kily foi recollida xunto con outras catro cadelas no verán do 2018. Ela era a máis sociable de todas e así o segue sendo. É unha cadela moi activa e nerviosa, e tamén algo pesada con outros cans. Encántalle correr, pasear e é moi agarimosa coa xente. Ten unha alerxia alimentaria, polo que precisa tomar penso especial. O ideal sería que fose a única cadela da familia, ainda que non tería problemas en convivir con outro can tranquilo.      

04/07/2018

Rocky leva xa case dous anos con nós. Cando chegou era un can bastante enérxico e activo, e gústaballe ser o xefe do canil, porén, o seu carácter mudou despois dun tempo e agora é un can bastante tranquilo, que non busca problemas e que se leva ben con outros cans e cadelas.

09/06/2018

Rochester chegou ao Refuxio en xuño do 2018, logo de que o recollesen nunha estrada de Vedra un día chuvioso. É un can moi alegre e cariñoso, pero algo celoso e territorial con outros machos. Entregarase con contrato de adopción, chip, vacinado, desparasitado e castrado.    

02/05/2018

Gloria foi recollida na zona de Vistalegre (Santiago de Compostela), moi delgada, con problemas de pel e síntomas de intoxicación. Agora xa está máis que recuperada e non parece nin a mesma gata :) É boíña e tranquila,  pero tamén algo tímida e independiente, polo que precisaría un fogar que xa teña experiencia con gatos ou algo de paciencia para gañarse a súa confianza. Lévase moi ben con outros gatos.             

11/04/2018

DINA, CADELIÑA DE APENAS 5 ANOS, PERDIDA ESTE MARTES 10 DE ABRIL, MOI ASUSTADIZA. PERDEUSE POLO CAMPO DE FÚTBOL EN BRIÓN. CONTACTO 691200275

18/03/2018

Atopada en Sar de Arriba, pola mañanciña, moi boa e sumisa. Chega cheirando a cortello, pero é moi boa.

10/03/2018

Can moi bo chamado FILOU, de apenas 7 anos, non se poden facer cargo del por temas personais. Contacto; 658075617
Can moi bo chamado FILOU, de apenas 7 anos, non se poden facer cargo del por temas personais. Contacto; 658075617 Can moi bo chamado FILOU, de apenas 7 anos, non se poden facer cargo del por temas personais. Contacto; 658075617
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña