Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2016
Mostrando 73-84 de 376
Mostrar:  

28/01/2020

Recollido na zona de San Marcos (Santiago de Compostela) xunto con outra cadela. Boíño pero algo desconfiado.

13/12/2019

Recollido en Santiago de Compostela, Timbal non acaba de adaptarse ao Refuxio. É un can moi intelixente, sociable e cariñoso coa xente, pero non con outros cans.

10/12/2019

Recollida no concello de Touro, Goleta namora a calquera que pasa uns minutos con ela. É unha cadela extremadamente cariñosa, graciosa e espelida Encántalle ir detrás da xente e pegarse ata recibir a súa ración de mecos. É bastante tranquila, pasea estupendamente coa correa e lévase ben con outros cans, aínda que é algo celosa. Cando chegou, pensamos que ía sair moi rápido, pero aquí segue.

26/10/2019

Recollido no concello de Santiago de Compostela.  Apareceu correndo pola autovía e grazas á rápida acción dunha parella, conseguiron recollelo e que non correse perigo mentres agardaban polo servizo de recollida animal. Chegou asustado, pero aínda así podiamos ver que era moi nobre e cun gran corazón.  É moi tranquilo e convive perfectamente con outros cans, é un canciño moi bo que pensamos que non tivo unha boa vida anteriormente.

20/09/2019

É unha cadela moi activa e xoguetona á que lle encanta corricar cos seus compañeiros de canil. É moi agarimosa e algo nerviosa, e lévase estupendamente con outros cans. Alguén se anima a facerlle un óco? Entregarase con contrato de adopción, desparasitada, vacinada, con chip e esterilizada.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña