Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

18.00Kg
Mostrando 73-84 de 85
Mostrar:  

12/12/2008

Atopado mendigando pola finca dos que o trouxeron. Ten moito medo, quizáis porque non tivo máis que malos tratos.

05/03/2007

Veu coa súa irmá. É máis medosa. Por iso a devolveron. Despois de estar nunha casa agora pasao moi mal aquí.

16/12/2006

Non sabemos moito da súa vida. Deixárono no refuxio xunto ao seu compañeiro, seguramente xa non servían para a caza e eran unha molestia. Custounos moito collelos, estaban moi asustados, unha vez capturados mostráronse moi agarimosos. Tiveron sorte de ser abandonados xuntos, así non o pasan tan mal.

11/03/2006

Ainda non ten un ano e a súa vida non foi moi boa. Así o amosa o medo que mostraba, aínda que é un cachorro. Esperemos que unha familia lle cambie a vida.

02/01/2006

Tiña un cacho de cadea inserida no pescozo, probabelmente dun cazador. É moi bo e leva moi mal estar pechado.

26/10/2005

Estaba cheo de perdigóns. O cazador que se atopou con él debía ter mala puntería; non vía ben ou era incapaz de distinguir un can dunha peza de caza. Non queremos pensar que lle disparase adrede... A pesar de todo é moi cariñoso, e como todos, non garda ningún rencor á especie humana.

14/10/2005

Abandonárono nos arredores do Refuxio. Era un día moi frío e con choiva e debeu pasar toda a noite ao ventimperio. Pola mañá case non se vía; estaba durmido e non podía andar. É moi cruel deixar así un animal maior.

15/09/2005

Trouxérono xunto con outro can logo de aparecer nun coto de caza polo que sospeitamos que sexan dalgún cazador. É moi cariñoso e xoguetón.

05/04/2005

Debeu de ser un can que ata que chegou ao Refuxio estivo atado toda a vida ata o punto que houbo que cortarlle o colar porque xa o tiña enredado co pelo. Agora está recuperado, é cariñoso e como adelgazou ao mellorarlle a alimentación incluso parece máis novo.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña