Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pasou esterilización
Mostrando 1033-1044 de 4493
Mostrar:  

16/10/2020

Recollido no concello de Touro xunto con outro can. É un canciño con bo carácter pero algo medroso.

16/10/2020

Recollido no concello de Touro xunto con outro can. É un canciño novo e sociable.

15/10/2020

Recollida en Santiago de Compostela. Chega algo resfriada e enfadada. Non parece estar acostumada a estar con xente pero pouco a pouco vaise deixando querer.

14/10/2020

Deixado na porta do Refuxio xunto con outros catro gatos, dentro dun cesto pechado. Chega morto de medo pero é noviño e agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza.

14/10/2020

Deixado na porta do Refuxio xunto con outros catro gatos, dentro dun cesto pechado. Chega morto de medo e con problemas na boca. Agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza.

14/10/2020

Deixado na porta do Refuxio xunto con outros catro gatos, dentro dun cesto pechado. Ao igual que os seus compañeiros, chegou morto de medo e coa boca mal. Botou moito tempo recuperándose e agochado na súa cama, pero agora xa se atopa ben e está moi cambiado. Segue a ser medroso pero é moi curioso e gústalle a xente. Nun fogar estamos seguro de que avanzaría moito máis rápido e que se adaptaría perfectamente, só precisa que alguén lle dea unha oportunidade. A pesar de estar morto de medo, en ningún momento se amosou agresivo, simplemente se agochaba e quedaba quieto

14/10/2020

Balón é un dos cinco gatos que nos deixaron no interior dun cesto da roupa na porta do Refuxio. Ao igual que os seus compañeiros, chegou morto de medo e coa boca mal. Non sabemos polo que pasaron estes gatiños antes de chegar ao Refuxio pero facía tempo que non víamos gatos con tanto medo, que non reaccionan a nada, nin miañan, nin bufan, nin responden ás caricias, nin se moven das súas camas, nin nada ☹️ Iso si, déixanse manipular perfectamente, son boíños e agradecidos. Segue a ter algo de medo pero é un gato moi boíño, curioso, e que se leva ben con outros gatos, especialmente co seu compañeiro Bandi. Agardamos que atope axiña un fogar, un gato que o pasou tan mal non merece ter que vivir nunha gateira. Alguén se anima?
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña