Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Está adoptado\a

Estes son algúns dos animais que xa foron adoptados.

Mostrando 7429-7440 de 7512
Mostrar:  

05/09/2005

Veu xunto cos seus 4 irmáns por un aviso da policía, estaban famentos e cheos de pulgas. Terían unhas tres semanas cando os trouxeron así que tivemos que darlles o biberón. Agora xa comen perfectamente sós e son extremadamente cariñosos. Ela é a mais pequena.

03/09/2005

A deixaron atada no exterior do Refuxio pero escapou arrastrando a cadea. Isto era preocupante xa que si se metía no monte podía engancharse en calquera cousa e morrer lentamente. Ao final tivemos sorte a conseguimos collela.

17/08/2005

A dona abandonouna no Refuxio porque dicía que se escapaba saltando o peche da finca. É unha historia estraña porque Perla é unha cadela maior e o normal é que eses comportamentos os tivera cando era máis nova.
ELA

14/08/2005

Viu xestante e ao pouco de chegar pariu 11 cachorros. É extremadamente cariñosa e obediente ademais de bonita.

12/08/2005

Unha moza chamou ao Refuxio porque alguén estaba pegando a unha cadela en plena rúa. Se maltratar a un animal é repugnante, cando tratas con Romi a sensación aínda é peor porque é unha cadela marabillosa. Ten un tamaño e carácter ideal para estar nunha casa.

11/08/2005

Alguén chamou á policía dicindo que un can rabuñara a unha persoa. Agora que coñecemos a Poli pensamos que non foi con mala intención e que seguramente foi unha demostración de cariño porque é un can excepcional.

04/08/2005

Sabemos pouco da súa vida pero supoñemos que non foi moi boa porque é moi asustadiza. A verdade é que non o pasa ven no Refuxio porque necesita estar acompañada.

04/08/2005

Cando chegou estaba nunhas condicións penosas, chea de pulgas, sen pelo, con feridas e cunhas uñas moi longas que delataban que estivera nunha corte sen posibilidade de andar. É moi cariñosa e xa está recuperada. Necesita un fogar con urxencia porque non aguanta o frío e se acatarra con facilidade.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña