Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Can/Cadela
Mostrando 1453-1464 de 4934
Mostrar:  

25/06/2019

Recollido en Santiago de Compostela, Duque é un canciño do máis bo e adorable. É xoguetón, moi cariñoso e lévase ben con outros cans.

21/06/2019

Bat chegou ao Refuxio xunto con outra cadela (Bi) logo do falecemento do seu dono. Foi un cambio duro para ambos e ó principio parecían bastante medrosos e esquivos. Porén, Bat non tardou en mostrarse como o canciño alegre que é, ao que lle encanta xogar coa xente e os seus compañeiros de canil, así como achegarse a pedir mecos, panza arriba. É un encanto de can e precisa sentir de novo o que é un fogar.

21/06/2019

Bi chegou ao Refuxio xunto con outro can (Bat) logo do falecemento do seu dono. Foi un cambio duro para ambos e ó principio parecían bastante medrosos e esquivos. Bi aínda segue ser algo reservada. Precisa un tempo para confiar na xente, pero non ten problema con outros cans. É bastante calmada e boa e incluso cariñosa cando coñece. Precisa ter un fogar de novo no que perder todo o seu medo e ser ela mesma outra vez.

14/06/2019

Recollida xunto con Noa no concello de Teo e a súa adaptación non foi doada. Chegaron moi asustadas pero pouco a pouco foron collendo confianza. Lúa é unha cadela moi tranquila e cariñosa. Tivo que ser intervida debido a unha infección de útero, pero xa está completamente recuperada e lista para irse a un fogar definitivo xa que, como nos demostrou, aínda lle queda moita guerra que dar 😃

14/06/2019

Recollida xunto con Lúa no concello de Teo. Foi recollida xunto con Lúa no concello de Teo e, a pesar de que ó principio ambas estaban bastante asustadas, Noa non tardou en coller confianza. Agora é a primeira que quere saír para recibir agarimos de todos. É unha cadela moi curiosa, educada, obediente e sabe pasear perfectamente con correa.

04/06/2019

Atopado na vía Nobel en Santiago xunto a outro can (Choc). Sube a través do Servizo de Recollida Animal.  
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña