Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2006
Mostrando 133-144 de 197
Mostrar:  

12/11/2007

Ia vagabundeando polo medio da estrada co seu cachorro, que, extenuado, se meteu entre os toxos. Afortunadamente atopámolos e recollémolos.

08/11/2007

É precioso e moi cariñoso. Seguramente non valería para cazar e por iso o abandonaron. Esperemos que axiña atope un dono.

05/11/2007

É tan grande coma bonito e cariñoso. É un inmenso cachorrote. Adoptárono pero devolveno porque din que se pelea co outro can que levaron. É extraño, aquí está con outros cans e non hai problema

03/11/2007

Atopado no parque de Ramirez. Xa levaba uns días perdido, estaba ferido no rabo e moi asustado.

29/10/2007

Debeu sufrir unha fractura de pelvis. Ten asimétricas as cadeiras, pero non lle afecta para nada. É moi cariñosa.

16/10/2007

Ten moitos nós na parte traseira do lombo e nas patas traseiras. É o que pasa cando se collen cans de pelo longo e non se coidan. É moi cariñoso e xoguetón.

09/10/2007

Trouxérono xunto con un compañeiro ou irmán, Elmo. Son moi parecidos. Son cans de caza, o normal nestas datas.

05/10/2007

A súa historia é coma unha novela de namorados, veu con Froilán, a pesar da súa diferenza de tamaño ela protexíase con él.

26/09/2007

Probablemente escapou e iso deulle a oportunidade de cambiar a tortura que foi toda a súa vida. Cortáranlle un colgaxo de pel do pescozo e encaixáronlla na hebilla. Probablemente para que non se soltara.

16/09/2007

Levaba unha semana dando voltas polo parque. É moi bonito e cariñoso. Esperemos que axiña atope un dono. Está apadriñado e vai a pasear moito.

09/09/2007

Apareceu polos arredores do Refuxio. Seguramente se escapou ou a abandonaron porque non valía para cazar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña