Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

12.00Kg
Mostrando 145-156 de 165
Mostrar:  

29/05/2006

Leva varios días vagabundeando. É especialmente cariñosa. Quere a todo o mundo. Está moi descoidada, necesita un bo pelado, cepillado e peiteado.

26/05/2006

Levaba varios días vagabundeando polo monte. Cando chegou era moi medosa. É moi dominante con outros cans.
ALF

14/05/2006

Veu extremadamente delgado. É moi extrano: parece como os lobos, vai cambiando o pelo longo do inverno polo curto do verán. É como ter dous tipos de can.

27/04/2006

Atopárono xunto con Maverick pola estrada, cansos e con feridas. Son moi tranquilos e cariñosos.

22/04/2006

É igual que o seu compañeiro de gaiola, Café, pero en vez de color crema é todo negro. Ás veces teñen as súas pelexas, pero no fondo lévanse ben.
ONI

13/01/2006

Unha noite que chovía moito merodeaba polo Refuxio. Estaba moi asustado e non se deixaba coller pero agora xa se mostra moi cariñoso.

09/11/2005

Atopouno a Garda Civil na autoestrada; se non o retiraran a tempo morreria atropelado. É especialmente cariñoso coa xente, anque cos machos é peleón; e agatuña polas reixas.

19/10/2005

Meteuse nun coche dunha señora, que intentou sacala cun paraugas. Finalmente, sacárona os bombeiros. Estaba moi asustada.

24/07/2005

Apareceu abandonada no Refuxio á vez que Boogi. É moi cariñosa e non entendemos como ninguén a adopta.

08/07/2005

Vagabundeaba pola porta do Refuxio. A pesar de que se alegraba de ver ao persoal que aquí traballa o certo é que non se deixaba coller. Despois de varios intentos conseguimos atrapala e agora espera que ti te decidas a adoptala.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña