Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2001
Mostrando 1-9 de 9
Mostrar:  

09/03/2009

A doadora non é a dona, a dona é a súa tía. Teñen moitos animais e problemas de saúde e non se poden facer cargo dos 4 gatos.

28/01/2006

A súa dona morreu e os seus netos trouxérono ao Refuxio, xunto cun compañeiro, porque se escapaba e comía ás galiñas pero é moi cariñoso.

09/11/2005

Atopouno a Garda Civil na autoestrada; se non o retiraran a tempo morreria atropelado. É especialmente cariñoso coa xente, anque cos machos é peleón; e agatuña polas reixas.

08/10/2005

Vagabundeaba pola zona desde había 15 días. Ia probablemente coa súa filla. Ten un tamaño ideal para un piso e é moi cariñosa.

28/06/2005

O dono marchou da propiedade e abandonou á cadela. Ata que o Refuxio se fixo cargo dela estivo atendida por unha veciña. Cando chegou estaba aterrorizada. Agora é unha cadela recuperada.
MAX

27/05/2005

Os donos de Max abandonárono porque tiveron que marchar a vivir a Alemania e dicían que non podía levala. Pasouno moi mal porque non entendía que estaba pasando. Atopou un fogar pero o devolveron porque non se adaptou á vivir cunha nova familia.

09/02/2005

Chegou recén parida e con 8 cachorros. Viña moi mal de saúde xa que tiña unha infección uterina e mamaria severa polo que tivemos que quitarlle a camada porque non podía alimentalos. Criamos aos 8 cachorros a biberón. Agora está perfectamente e parece a relacións públicas do Refuxio xa que anda solta. Só ten un defecto e é que debido á súa axilidade é capaz de saltar o valado do canil e ese é o motivo de que ande todo o día por libre no Refuxio.

08/02/2005

Chegou ao Refuxio xunto con outros catro compañeiros que no seu día recuperara da rúa unha persoa que por motivos persoais tivo que desfacerse deles. De pequeno debeu de pasalo mal e de feito desde aquela arrastra unha lesión nunha pata.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña