Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Gata/o
Mostrando 2077-2088 de 3608
Mostrar:  

31/07/2018

Atopada en Teo, moi boa de carácter e chega con moita fame. Sube pola Proteccion Civil de Teo.

30/07/2018

Gatiño de apenas un mes, sale en adopción pero por motivos persoais non poden telo.

27/07/2018

  Atopado en Amio, nun campo de de futbol, enredouse coa rede da portería. Moi bo e agarimioso. Sube polo Servicio de Rescate Animal.

24/07/2018

  Recollida na nave Coremain da Costa Vella (Santiago de Compostela) polo Servizo de Recollida Animal. Chegou moi asustada e cunha fractura no rabiño, que houbo que amputar. Agora parece un coelliño É boíña pero segue a ser bastante esquiva e desconfiada, pero agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza. Lévase ben con outros gatos.      

23/07/2018

Eggy segue a buscar un fogarChegou ao Refuxio no verán do 2018 sendo un cachorriño e bastante delicado de saúde. Custoulle bastante saír adiante pero é todo un loitador e aquí segue, á espera de atopar un fogar definitivo. É un gatiño algo reservado, pero boíño e xoguetón e cada vez está máis cambiado. Non é xusto que teña que seguir medrando no Refuxio. Alguén se anima a darlle unha oportunidade?    

20/07/2018

Atopada unha camada de 3 gatiños en Vedra. Parecen estar ben alimentados e son sociables.

20/07/2018

Atopada unha camada de 3 gatiños en Vedra. Parecen estar ben alimentados e son sociables.

20/07/2018

Atopada unha camada de 3 gatiños en Vedra. Parecen estar ben alimentados e son sociables.

15/07/2018

Tortelini foi recollido o pasado verán xunto aos seus irmáns Ravioli e Spaguetti na rúa das Hortas (Santiago de Compostela), delgadiños e con problemas de pel. Agora xa está totalmente recuperado e aínda que é moi boíño,  segue a ser bastante medroso e asustadizo. Precisa unha familia con algo de paciencia á que non lle importe ir gañando a súa confianza pouco a pouco. Lévase ben con outros gatos.    

15/07/2018

Spaguetti foi recollido o pasado verán xunto aos seus irmáns Ravioli e Tortelini na rúa das Hortas (Santiago de Compostela), delgadiños e con problemas de pel. Agora xa está totalmente recuperado e é un gato boíño aínda que algo tímido, pero con mimos e algunha lambetada resulta doado gañar a súa confianza. Lévase ben con outros gatos.            

14/07/2018

Ravioli foi recollida o pasado verán xunto aos seus irmáns Spaguetti e Tortelini na rúa das Hortas (Santiago de Compostela), delgadiños e con problemas de pel. É unha gatiña moi sociable, amorosa, ronroneadora e alegre.  

11/07/2018

Atopado en Santa Lucia. Tipica camada de tres gatiños. 2 machiños e unha femia. De apenas mes e medio.Irman de 363-18 Finger e 362-18 Splinter.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña