Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2.40Kg
Mostrando 1-12 de 12
Mostrar:  

10/06/2019

Terra chegou ao Refuxio xunto con outros 15 gatos logo de que os deixasen abandonados nunha gaiola. É boíña pero segue a ser bastante medrosa. Lévase moi ben con outros gatos.

10/04/2018

Camada de tres cativos de apenas mes e medio, 2 femias e 1 macho. Chegan con moito medo, e con pulgas, ainda que ben de peso, recollidos polo Servicio de Lacería en Lavacolla pola tardiña.

07/03/2018

Gatiña moi boa e ben de saúde, moi sumisa, chega de Salgueiriños de Arriba, subida polo Servicio de Laceria.

29/01/2018

Manchada foi recollida na zona de Lavacolla (Santiago de Compostela). É boíña, sociable, xoguetona e lévase ben con outros gatos, pero segue a ser algo medrosa, polo que precisa unha familia con algo de paciencia e á que non lle importe darlle o seu tempo e ir gañando a súa confianza pouco a pouco.  

16/07/2017

Atopado en Rosalía de Castro, na Hesperis Peregrina; cadeliña moi nova e simpática, en bo estado de saúde. Sube polo Sewrvicio de Lacería.

28/03/2016

Atopados en Teo, na leira dun particular, a nai non a poden coller e recollen a súa camada de 6 cativos, 4 femias e 2 machos de apenas un mes, chegan moi sucios e parasitados. Con moita fame.

22/03/2015

Atopada en Teo, moi boíña, parece caseira ainda que bufa, pode ser por extrañar os seus donos.

10/03/2015

Deixados nunha caixa na porta do Refuxio, unha camada de 4 cativos 3 machos e 1 femnia de apenas un mes . Moi bonitos e gordiños, salvo a cadela que é un pouco mais pequena que os irmans.

22/08/2014

A nai leva tempo achegándose a comer a súa terraza. Cando pariu levou aos gatiños tamén para alí, onde estivo criándolos. Consegue collelos e trae. É boa e deíxase acariñar.

10/11/2010

A persoa que o trae atópao na porta da súa casa empapado e sen se mover, parece atropelado. Pasa a noite na súa casa e di que ás veces dalle por correr e choca con todo, polo que pensan que non ve.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña