Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

palleiro
Mostrando 1-12 de 99
Mostrar:  

26/06/2007

Atopárona tres señoras en San Caetano, entre a igrexa e a Xunta. Levaba a modo de colar no pescozo un cacho de aramio plastificado, dos que se empregan para facer valados.

16/06/2007

Atopárona xunto coa súa filla ou irmán. Ían cruzando polas rotondas de entrada a Santiago. Tiñan colar. Á súa compañeira adoptárona, ela aínda está aquí.

28/05/2007

Atoparono abandonado na estrada Santiago-Coruña, á altura de Sionlla. Ia cruzar a estrada, senón a recollía seguramente sería atropelada.

09/05/2007

Vagabundeaba pola zona. É moi bonita pero ten moito medo. Ten un bo tamaño para levala para a casa.

31/03/2007

Parece un diminuto golden retriever. É moi bonito e pensábamos que axiña o adoptarían, pero aínda está aquí. Ten unha expresión moi triste.

29/03/2007

É moi cariñoso aínda que con outros cans é demasiado dominante. Ten unha cara moi curiosa, con grandes ollos observa todo o que o rodea.

26/02/2007

É extremadamente cariñoso e obediente. Case todos os cans cos que o xuntamos lle pegan. Ten unha cara moi doce. Aquí estao pasando moi mal.

31/12/2006

Foi atopado en Lamas de Abade, tiña un colar antipulgas colocado posiblemente de cachorro e nunca máis llo quitaron, tampouco o deberon de acariñar nin prestar atención polo que foi medrando e o colar se lle foi incrustando na pel. Un día rompeulle a cadea que o mantiña atado día e noite e escapou. Iso salvoulle a vida. É moi agarimoso e obediente.
EXI

27/12/2006

Deixárono xunto co seu irmán e o seu pai no Refuxio. Tivo máis sorte co seu irmán, porque non enfermou, seguramente por ser máis dominante ca el. O reencontro dos tres despois de estar hospitalizado o seu irmán foi moi bonito, parecía que rían.

22/12/2006

A pesar da súa corta vida, xa sufriu malos tratos, así o demostrou o seu comportamento e os dous seus dous irmáns cos que chegou ao Refuxio. Cos agarimos dos traballadores e voluntarios do Refuxio, axiña se tranquilizaron e os seus dous irmáns foron adoptados. Xoán tiña unha hernia umbilical severa que xa foi operada, agora quizá o adopten, só quere xogar e é o que fai sempre que pode.

18/12/2006

Cando chegou estaba moi delgada e chamaba moito a atención o colorido do seu pelame, parecía pintada, e iso que estaba en moi mal estado. É moi agarimosa, sempre está alegre. Está esterilizada.

16/12/2006

Non sabemos moito da súa vida. Deixárono no refuxio xunto ao seu compañeiro, seguramente xa non servían para a caza e eran unha molestia. Custounos moito collelos, estaban moi asustados, unha vez capturados mostráronse moi agarimosos. Tiveron sorte de ser abandonados xuntos, así non o pasan tan mal.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña