Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Descoñecido
Mostrando 3193-3204 de 3351
Mostrar:  

29/05/2006

Leva varios días vagabundeando. É especialmente cariñosa. Quere a todo o mundo. Está moi descoidada, necesita un bo pelado, cepillado e peiteado.

26/05/2006

Debérona atropelar. Coxea dunha patiña e ten unha antiga fratura, pero non lle fixeron perder a alegria e o bo humor.

26/05/2006

Levaba varios días vagabundeando polo monte. Cando chegou era moi medosa. É moi dominante con outros cans.

22/05/2006

Vagabundeaba por San Marcos. Estaba feliz de estar alí, non saía do Refuxio e encantábanlle os nenos.
ALF

14/05/2006

Veu extremadamente delgado. É moi extrano: parece como os lobos, vai cambiando o pelo longo do inverno polo curto do verán. É como ter dous tipos de can.

08/05/2006

É filla de Morgana. Deixárona xunto a outros dous cans e a súa nai nunha caixa que romperon e da que fuxiron. Estaba xunto coa súa nai polo monte. Costou collelas.

08/05/2006

É o típico can de cazador abandonado. Esperemos que axiña se tomen medidas para evitar a cría irresponsabél e o abandono.

07/05/2006

Son as típicas camadas que a xente abandona. Nen sequera sabían comer sós. Son moi cariñosos e xoguetóns, alleos ao seu incerto futuro.

07/05/2006

Tivemos un aviso de que no monte había un cachorro. Os veciños dábanlle de comer. Cando a vimos estaba totalmente raquitica, coas unllas longas, seguramente por estar encerrada nalgun sitio, chea de pulgas e carrachas, caialle o pelo, non podia andar. Nos nos podemos explicar como ainda é tan cariñosa.
MAR

03/05/2006

Parecen ser nai e filla (Mar e Fili). Deixáronas no Refuxio. Afortunadamente ao estar xuntas levaron mellor o seu ingreso no Refuxio.

02/05/2006

A súa mirada trasloce moito medo. Só quere estar con xente. Leva moi mal estar na gaiola.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña