Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Femia
Mostrando 4105-4116 de 4224
Mostrar:  

09/05/2007

Vagabundeaba pola zona. É moi bonita pero ten moito medo. Ten un bo tamaño para levala para a casa.

31/03/2007

Parece un diminuto golden retriever. É moi bonito e pensábamos que axiña o adoptarían, pero aínda está aquí. Ten unha expresión moi triste.

30/03/2007

Tiña microchip. Localizamos ao dono, polo que se ve deixoulla a un colega para cazar e perdeuna xa facía máis dun mes. Veu en celo e xestante. É maior polo que non pudo parir ben e tivemos que operala. Aínda o dono non dou sinais de vida.

29/03/2007

Traía un colar marrón. Parecía que tiña dono e que axiña viría a recollela. Pero pasou o tempo e ninguén se presentou por ela. É moi dominante cos cans e coas cadelas.

28/03/2007

Seguro que ten dono, pois é moi cariñosa e obediente. Na gaiola está moi triste pero cando a sacamos ponse moi contenta.

23/03/2007

Vagabundeaba desde facía varios días co pastor de Brie coco. Cando os recolleron Coco tiña dono e veuno recoller pero a ela non. Quedou moi triste e soa aquí.

21/03/2007

Típica cadela de caza: moi asustadiza aínda que moi cariñosa. Cando chegou estaba en moi malas condicións, moi delgada e con mal pelo. Agora xa está recuperada.
OKA

08/03/2007

Veu en moi mal estado, sen pelo e xestante. Tivo 6 cachorros que coidou moi ben. Agora está moi feita cun pelo moi brillante. Os seus cachorros son bonecos.

07/03/2007

É coma unha pequena boxer. Moi dominante coas outras cadelas. Veu xestante. Apareceu perdida pola casa da persoa que a trouxo. Déronlle de comer pero non pode quedar con eles porque xa teñen dous cans. Actualmente ten unha madriña.

05/03/2007

Veu coa súa irmá. É máis medosa. Por iso a devolveron. Despois de estar nunha casa agora pasao moi mal aquí.

24/02/2007

So pensa en dar moito cariño. Sempre está facendo festas, sempre feliz. Ten que atopar un bo dono a quen dar tanto amor.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña