Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Macho
Mostrando 4141-4152 de 4229
Mostrar:  

29/06/2006

Atopárono en Área Central. No Refuxio agardábase que viñeran a buscalo, pero nunca apareceu o dono. É un cachorro moi moi cariñoso, lévase ben con todos.
MUL

19/06/2006

Ten unha vitalidade tremenda, o normal para a súa idade, pero é extremadamente cariñoso.

19/06/2006

Ten moitísimo medo. É extremadamente cariñoso. Chegou con Mul e ainda que é maior ca el teno dominado.

12/06/2006

É moi asustadizo. Quería xogar cos demais pero non sabía como. Rifaballes e asustabaos, probablemente porque sempre estivo illado de outros animais. Seguramente por estar atado.
ODI

12/06/2006

É extremadamente cariñoso e xogetón. Lévase ben con todos, aínda que os compañeiros de gaiola lle rifaban.

03/06/2006

Parece que estivera pintado: é moi branco e destaca moito coas manchas negras. Cando chegou estaba tan aterrado que non se atrevia nin a poñerse de pé.

03/06/2006

Parece que estivera pintado, é moi branco e destaca moito coas manchas negras. Cando chegou estaba tan aterrorizado que non se atrevía a poñerse en pé. Está apadriñado e o sacan a pasear tódalas semanas.

22/05/2006

Vagabundeaba por San Marcos. Estaba feliz de estar alí, non saía do Refuxio e encantábanlle os nenos.
ALF

14/05/2006

Veu extremadamente delgado. É moi extrano: parece como os lobos, vai cambiando o pelo longo do inverno polo curto do verán. É como ter dous tipos de can.

07/05/2006

Son as típicas camadas que a xente abandona. Nen sequera sabían comer sós. Son moi cariñosos e xoguetóns, alleos ao seu incerto futuro.

02/05/2006

A súa mirada trasloce moito medo. Só quere estar con xente. Leva moi mal estar na gaiola.

27/04/2006

Seguro que se extraviou e os donos non saben que está no Refuxio. Está moi asustado e triste. Só quere estar coa xente.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña