Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Femia
Mostrando 4165-4176 de 4225
Mostrar:  

04/02/2006

Estaba no monte, chea de pulgas e carrachas. Despois dunha semana de chegar enfermou, seguramente polo estrés (é algo moi común nos cachorros). Pouco a pouco vaise recuperando pero sigue estando moi delgada. Agardamos que a súa loita por sobrevivir sexa para atopar pronto un fogar.

13/01/2006

Cando chegou estaba a punto de parir. Era o seu primeiro celo. Tivo 6 cachorros, pero non sabe coidalos moi ben porque é demasiado noviña e sufriu demasiados cambios.

13/01/2006

Deron aviso ao laceiro. É pequena e alegre. Ao principio estaba moi asustada e non se deixaba coller.

21/11/2005

Veu cunha peregrina, que a deixou ao chegar a Santiago. A un señor deulle pena e tróuxoa; dixo que era moi boa. Non se integra. Pásao mal

11/11/2005

Botárona por tres veces de Área Central: levaba así tres días. Localizamos á dona porque tiña microchip e informámola de que estaba no Refuxio

05/11/2005

Estaba na autoestrada, a piques de ser atropelada. Debía de estar criando cachorros porque as súas mamas estaban inflamadas. Agora está totalmente recuperada. É moi boa e obediente.

02/11/2005

Atopárona nunha obra os obreiros que traballaban nela. Coxeaba dunha patiña de diante. Chovia moito. É maior. Fóra non sobreviriría pero nunha casa veríase rexuvenecer.

26/10/2005

Atopárona polas rúas. Levaba varios días vagamundeando. O seu corpo estaba sen pelo, cheo de feridas, moi delgada. Pero era moi cariñosa. Actualmente está totalmente recuperada e é preciosa.

19/10/2005

Meteuse nun coche dunha señora, que intentou sacala cun paraugas. Finalmente, sacárona os bombeiros. Estaba moi asustada.

08/10/2005

Vagabundeaba pola zona desde había 15 días. Ia probablemente coa súa filla. Ten un tamaño ideal para un piso e é moi cariñosa.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña