Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Falecido/a
Mostrando 397-408 de 423
Mostrar:  

14/08/2017

  Atopado en Santiago de Compostela no 2017. É algo tímido e independiente, pero boíño. Acostumado a convivir con  máis gatos.    

18/07/2017

Atopado na zona de Laraño, é irmán de Dominica e Minica. É gatiño bastante tímido e medroso. 

 

07/07/2017

Boss foi recollido en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio.

04/07/2017

Luarca foi recollida en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles está custando bastante adaptarse ao Refuxio. Segue a ser unha gata bastante tímida e desconfiada, pero pouco a pouco vai collendo confianza, especialmente se hai algunha lambonada por medio. Lévase  ben con outros gatos.                 

04/07/2017

Vega foi recollida en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos máis. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio, e segue a ser unha gatiña algo tímida. Lévase ben con outros gatos.          

04/07/2017

Tazones foi recollido en Texexe (Teo) xunto a outros seis gatos. Todos eles formaban parte dunha colonia felina, polo que lles custou bastante adaptarse ao Refuxio.    

08/06/2017

Atopada na EDAR en Silvouta, chega con moito medo, moi nerviosa e non para de morder a correa; uns minutos máis tarde xa se achega. Chega fraca e sucia.      

11/02/2017

Atopado na zona de Roxos, chega moi asustado, sucio e co pelo cheo de nós.  Segue a ser un canciño bastante medroso e desconfiado.  

 

07/02/2017

Pedro é un mico nobre, tímido, independente e tranquilo, ao que lle segue a custar confiar un pouco nos humanos, seguro que como consecuencia da súa vida pasada. Foi atopado no Barrio de San Pedro (Santiago de Compostela) no 2017 e dende entón segue con nós á procura de que alguén se fixe nel e lle ofreza un fogar definitivo. Lévase ben con outros gatos e aínda que segue a ser medroso, déixase manipular perfectamente e encántanlle as lambonadas.            

02/02/2017

Furacán chegou ao Refuxio a comezos do 2017, polo que xa leva máis de dous anos connosco. Ao principio chegou morto de medo, ocultábase nos lugares máis recónditos da gateira na que vive para pasar desapercibido. A día de hoxe, aínda que segue a ser medoso, xa comeza a confiar un pouco e atura sen problemas a presenza humana, aínda que lle segue custando achegarse o suficiente como para darlle os agarimos que tanto se merece. É un mico noble, tranquilo e independente que busca un fogar onde a persoa ou persoas que o adopten poidan darlle o espazo e a compresión suficiente que un mico como Furacán precisa. Calcúlaselle que pode ter arredor de cinco anos.    

12/09/2016

Sorriso é outra das nosas avoíñas, polo que nos gustaría que atopase un fogar canto antes. É unha cadela fiel, boíña, afectuosa e adorable. Ten arredor de dez anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitada, esterilizada, vacinada e con chip.    
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña