Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Macho
Mostrando 4189-4200 de 4229
Mostrar:  

11/08/2005

Alguén chamou á policía dicindo que un can rabuñara a unha persoa. Agora que coñecemos a Poli pensamos que non foi con mala intención e que seguramente foi unha demostración de cariño porque é un can excepcional.

03/08/2005

Ás veces parece que ten mal humor porque ladra cando pasa algún descoñecido pero simplemente garda a súa propiedade.

01/08/2005

Recibimos un aviso de que había un gato abandonado pola zona do hotel Santiago Apóstol e tiñan medo de que o atropelaran. Seguramente se escapou dalgunha casa porque é moi cariñoso e porque ademais estaba castrado. Ten un gran tamaño e está acostumado a vivir nunha casa.

24/07/2005

Apareceu abandonada no Refuxio á vez que Boogi. É moi cariñosa e non entendemos como ninguén a adopta.

23/07/2005

Estaba polos arredores do Refuxio moi asustado e se parecía considerablemente a Lusco. Xuntámolos nun canil e a este puxémoslle Fusco. Duraron pouco xuntos porque Lusco é moi dominante e Fusco a metade dos días non podía comer. Moi bo e cariñoso.

21/07/2005

Atopámolo dentro do Refuxio e suponse que alguén o tirou por riba do valado. É moi cariñoso coas persoas pero moi dominante cos cans especialmente á hora de comer.

09/07/2005

O dono dixo que non o podía atender porque marchaba para Brasil e incluso ameazou con que se non o aceptabamos no Refuxio faría algunha maldade con el. Un desalmado.

09/07/2005

Vagabundeaba pola zona do polígono da Costa Vella acompañado dunha cadela. Non houbo problema para atrapalos xa que eran moi tímidos. Ela xa foi adoptada pero Luck teno máis difícil porque sempre se esconde cando alguén o visita.

05/07/2005

Figo era un can vagabundo que coidou un tempo unha familia que tiña finca. Sen embargo a Figo encantáballe ?xogar? coas galiñas e os gatos da zona e tiveron que traelo ao Refuxio.

27/06/2005

Non entendemos como Luns segue no Refuxio. Ten un gran carácter e é moi obediente. Non ten ningún problema de actitude e se adaptaría perfectamente a calquera fogar.

29/05/2005

É moi cariñoso e obediente coas persoas pero non se leva moi ben con outros animais. Este problema de relación con outros animais é debido a que estivo atado desde pequeno. Agora está recuperado e é ideal para coidar unha finca.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña