Introduza unha cadena de búsqueda.
😃
En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.
Residentes son aqueles cans que se atopan no Centro, xa pasaron por todos os controis veterinarios e de aptitude por parte do equipo que dirixe as instalacións e, cando pase o tempo de espera para ser reclamado polo seu dono, segundo indica a lei 1/1993 e o decreto 153/1998, poderán ser adoptados.
29/09/2019
Atopado no Polígono do Tambre (Santiago de Compostela).
21/09/2019
29/08/2019
Kratos chegou hai uns meses ó Refuxio xunto con outra cadela. É un canciño moi bo e agradecido coa xente, sempre sendo moi coidadoso cando quere recibir mecos. Gústalle enredar cos seus compañeiros de canil, pero sempre respectando os seus espazos e ritmos. Lévase ben tanto con femias coma con machos, incluso con aqueles que teñen algo de carácter. Alguén se anima a ofrecerlle un fogar?Precísase licencia PPP.
28/08/2019
Recollida en Santiago de Compostela xunto con outro can.
19/08/2019

29/07/2019
Recollido en Santiago de Compostela. É noviño e moi inquedo. Foi recollido en Santiago de Compostela sendo aínda un cachorriño, polo que rematou de medrar no Refuxio. É un can moi inquedo e activo, e tamén algo pesado con outros cans. O que máis lle gusta é coller paus máis grandes ca el e pasealos polo Refuxio adiante . É algo independente, pero tamén moi cariñoso.
22/07/2019
21/06/2019
21/06/2019
19/06/2019
Maggie chegou ao Refuxio o pasado verán, logo de que a recollesen na zona deVite (Santiago de Compostela) con síntomas de intoxicación e con cachorros mortos no seu interior
Por esa zona apareceran varios gatos envelenados e pensamos que Maggie seguramente se intoxicase co mesmo produto, pero ela tivo máis sorte e recollérona a tempo. Tivo que estar ingresada e a tratamento pero, como podedes ver, agora está máis que recuperada e lista para irse a un fogar definitivo. É algo tímida, pero gústalle a xente e lévase ben con outros gatos. Precisa alguén con paciencia e que non lle importe gañarse a súa confianza pouco a pouco.
19/06/2019
Recollida na zona de Conxo (Santiago de Compostela), atropelada e cunha fractura de cadera. Agora xa se atopa recuperada e lista para irse a un fogar definitivo, pero precisa alguén que xa teña experiencia con gatos porque é moi medrosa. Lévase ben con outros gatos e é moi xoguetona.
13/01/2019
Recollida en Fonte do Briso (Teo), moi asustada. É unha gatiña algo tímida.
05/12/2025
Recollido en Santiago de Compostela, chega moi feble.
05/12/2025
Recollida en Santiago de Compostela. Parece unha gata caseira e chega ferida.
05/12/2025
Recollida no concello de Touro. Moi sociable.
05/12/2025
Recollida en Lamas de Abade, Santiago.
Apadriñamento
Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.
Voluntariado
Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.
Asociarse
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.
Casas de acollida
Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.
Club Fundación
Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.