Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Can/Cadela
Mostrando 4741-4752 de 4953
Mostrar:  

07/03/2007

É coma unha pequena boxer. Moi dominante coas outras cadelas. Veu xestante. Apareceu perdida pola casa da persoa que a trouxo. Déronlle de comer pero non pode quedar con eles porque xa teñen dous cans. Actualmente ten unha madriña.

05/03/2007

Veu coa súa irmá. É máis medosa. Por iso a devolveron. Despois de estar nunha casa agora pasao moi mal aquí.

26/02/2007

É extremadamente cariñoso e obediente. Case todos os cans cos que o xuntamos lle pegan. Ten unha cara moi doce. Aquí estao pasando moi mal.

26/02/2007

Vello, canso, xa non era tan útil coma cando era xove, seguramente o substituirían por outro máis feito. Aínda ten moito que dar.

24/02/2007

So pensa en dar moito cariño. Sempre está facendo festas, sempre feliz. Ten que atopar un bo dono a quen dar tanto amor.

19/02/2007

Veu xestante e tivo 6 preciosos cachorros, pero os 3 días de telos rechazounos, probablemente era a súa primeira camada e estaba moi asustada. Na actualidade sobreviviron 3 cachorros. Non se parecen en nada a ela, son totalmente negros.

06/02/2007

É precioso e moi agarimoso, aínda que cos outros cans é bastante dominante. É un compañeiro ideal, alegre e impetuoso.

31/01/2007

Ao pouco de chegar enfermou. Afortunadamente recuperouse, pero tiña problemas porque todos lle pegaban. É extremadamente bo, esperamos que axiña se lle atope un fogar.

15/01/2007

Chegou atropelado. Tiña fractura de pelves e estaba moi dolorido. Non podía levantarse. Pouco a pouco foi mellorando. Ao principio era moi agresivo cos outros cans, pero foise facendo moi amigable. Agora so pensa en xogar. Pasouno fatal ao deixar as instalacións interiores, onde estaba mentres se recuperaba. Agora está nun canil esperando que alguén se fixe nel.

15/01/2007

É extremadamente cariñosa, coma todos os cans de caza. Ten un tamaño ideal para ser a mellor compañeira na vida.

13/01/2007

Cando chegou estaba moi dolorido e desconcertado. Como era maior non vía moi ben e seguro que se extraviou por iso. Atropelouno un coche. Todo o día estaba chorando. Ao final metémolo dentro do módulo interior esperando que pasaran 20 días para eutanasialo, pois a súa vida no Centro non tiña sentido, pero foi entón cando se transformou, deixou de chorar e séguenos a todos lados. Só quería estar coa xente. Os animais maiores pásano extremadamente mal co abandono.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña