Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Can/Cadela
Mostrando 4753-4764 de 4931
Mostrar:  

21/08/2006

Apareceu no albergue do Monte do Gozo. É unha das causas máis corrientes de ingreso de animais, siguen aos peregrinos até Santiago pero despois non os poden levar aos seus lugares de orixe.

19/08/2006

Lévaa ao refuxio unha peregrina alemana que manifesta que vai volver por ela pero non se volveu saber dela.

10/08/2006

Prodúcese un aviso de que hai un can moi grande por un parque infantil. Está cos nenos e teñen medo de que lles faga algo. Cando se procede a recollelo compróbase que o que ten de grande, teno de bo.

04/08/2006

Vagabundeaba co seu pequeno por Lavacolla. Debeulle resultar moi duro que adoptaran axiña ao seu cachorro.

04/08/2006

É moi cariñosa, oxalá atope axiña uns donos para lles ofrecer todo o cariño que ten dentro.

27/07/2006

Estaba nun instituto, pensou que alí a necesitaban porque había moita xente que a acariñaba e daquela tiña que protexelos. O problema é que salta os valos e é un pouco dominante cos outros cans.

23/07/2006

Apareceu cerca do Refuxio. É unha cadela acostumada a estar coa xente: obediente e sociábel cando colle confianza.

22/07/2006

Atopárona mes e medio antes de chegar ao refuxio pero de súpeto déronse conta de que non se poden ocupar dela. Cando chegou estaba aterrorizada. Non lle pode volver a pasar!

22/07/2006

Seguramente saiu de noivas e crendo que estaba perdido trouxérono ao Refuxio. Cando o trouxeron parecía dicir: 'isto é un erro, eu teño dono, deixádeme ir a casa'.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña