Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

2000
Mostrando 25-34 de 34
Mostrar:  

02/04/2006

Hospitalizaron ao dono e á súa familia dáballe pena deixar aos catro gatos abandonados na aldea. Cando chegaron estaban moi asustados, pero non foi traumático porque viñan xuntos. Son moi cariñosos.

09/12/2005

Ao principio era incapaz de facer as súas necesidades dentro da gaiola. Pasouno moi mal, é moi tranquilo. Agora, debido á idade, é un pouco cascarrabias ata que coñece aos compañeiros. Está apadriñado

19/10/2005

Meteuse nun coche dunha señora, que intentou sacala cun paraugas. Finalmente, sacárona os bombeiros. Estaba moi asustada.

17/08/2005

A dona abandonouna no Refuxio porque dicía que se escapaba saltando o peche da finca. É unha historia estraña porque Perla é unha cadela maior e o normal é que eses comportamentos os tivera cando era máis nova.

12/06/2005

É unha cadela feliz a pesar de estar no Refuxio. Ademais do cariñosa que é ten un tamaño ideal para alguén que queira un can para estar nun piso.

29/05/2005

É moi cariñoso e obediente coas persoas pero non se leva moi ben con outros animais. Este problema de relación con outros animais é debido a que estivo atado desde pequeno. Agora está recuperado e é ideal para coidar unha finca.

23/03/2005

Irmá de Fuscallo e Brétema. Chegaron ao Refuxio debido a unha desgraza. Un día chamou a policía porque ían ingresar a unha muller moi maior no hospital e tiña catro cans aos que ninguén podía atender.

07/03/2005

Non sabemos moito del porque o trouxo o laceiro municipal. É moi cariñoso e está acostumado a vivir con persoas.

22/02/2005

Trouxérono porque vagabundeaba pola estrada de Roxos, de aí seu nome. Estaba moi delgado e lle faltaba moito pelo. Agora está precioso, ten un pelo longo e brillante.

22/02/2005

Chegou ao Refuxio xunto co seu compañeiro, Café. Estaban nunha finca pero o dono tivo que deixalas porque por motivos persoais marchou de Santiago. Chegou moi coidada, con microchip, e ao pouco tempo pariu unha cadeliña preciosa que xa adoptaron. Gustaríanos que quen a adoptara tamén o fixera con Café xa que levan toda a vida xuntos.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña