Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo curto
Mostrando 6169-6180 de 6311
Mostrar:  

20/05/2007

Atopárono fronte a súa casa. O típico caso de can de caza, vítima dos cazadores. Probablemente non sabería cazar ou escapou. Agora ten unha madriña que o saca a pasear.

11/05/2007

Recen parida. Non sabemos se perdeu os cachorros ou llelos mataron e despois a abandonaron. Os que a atoparon íanse quedar con ela, pero como cando quedaba soa ladraba e os veciños queixáronse.

11/05/2007

Típico caso de dono irresponsable. Colle un cachorro pero marcha a outra zona. Da a cadela a unha amiga que ten varios cans. Por suposto sen esterilizar nin controlar. Queda xestante no seu primeiro celo, e entón, casualmente non se poden facer cargo del cando está a punto de parir.

07/04/2007

É un caso estraño. Maior pero está esterilizado, e moi bo. Pensamos que quizais morreu o dono e botárono a rúa. No Centro adaptase mal. Bota de menos o seu fogar. Os cans dominano. Esperemos que axiña atope un bo fogar.

02/04/2007

Atopado por unha parella de turistas ingleses no Monte do Gozo. Seguiunos ata o hotel e o recepcionista chamou á policía local. É moi cariñoso.

30/03/2007

Tiña microchip. Localizamos ao dono, polo que se ve deixoulla a un colega para cazar e perdeuna xa facía máis dun mes. Veu en celo e xestante. É maior polo que non pudo parir ben e tivemos que operala. Aínda o dono non dou sinais de vida.

29/03/2007

É moi cariñoso aínda que con outros cans é demasiado dominante. Ten unha cara moi curiosa, con grandes ollos observa todo o que o rodea.

29/03/2007

Traía un colar marrón. Parecía que tiña dono e que axiña viría a recollela. Pero pasou o tempo e ninguén se presentou por ela. É moi dominante cos cans e coas cadelas.

23/03/2007

Vagabundeaba desde facía varios días co pastor de Brie coco. Cando os recolleron Coco tiña dono e veuno recoller pero a ela non. Quedou moi triste e soa aquí.

21/03/2007

Típica cadela de caza: moi asustadiza aínda que moi cariñosa. Cando chegou estaba en moi malas condicións, moi delgada e con mal pelo. Agora xa está recuperada.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña