Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo curto
Mostrando 6337-6348 de 6369
Mostrar:  

05/07/2005

Figo era un can vagabundo que coidou un tempo unha familia que tiña finca. Sen embargo a Figo encantáballe ?xogar? coas galiñas e os gatos da zona e tiveron que traelo ao Refuxio.

28/06/2005

O dono marchou da propiedade e abandonou á cadela. Ata que o Refuxio se fixo cargo dela estivo atendida por unha veciña. Cando chegou estaba aterrorizada. Agora é unha cadela recuperada.

12/06/2005

É unha cadela feliz a pesar de estar no Refuxio. Ademais do cariñosa que é ten un tamaño ideal para alguén que queira un can para estar nun piso.

29/05/2005

É moi cariñoso e obediente coas persoas pero non se leva moi ben con outros animais. Este problema de relación con outros animais é debido a que estivo atado desde pequeno. Agora está recuperado e é ideal para coidar unha finca.
MAX

27/05/2005

Os donos de Max abandonárono porque tiveron que marchar a vivir a Alemania e dicían que non podía levala. Pasouno moi mal porque non entendía que estaba pasando. Atopou un fogar pero o devolveron porque non se adaptou á vivir cunha nova familia.
MEL

11/05/2005

Vagabundeaba pola rúa. Unha señora dáballe de comer pero tiña medo de que a atropelaran. É moi cariñosa. Ao pouco de chegar pariu 5 preciosos cachorros que non se parecían en nada a ela. Os cachorros xa foron adoptados pero ela segue aquí.

25/04/2005

Trip estaba ceibo en medio da autoestrada e a piques estiveron de atropelalo. Despois dunha custosa captura conseguiron atrapalo. Cando chegou ao Refuxio estaba ferido seguramente por algunha pelexa con algún can. É moi ?distinguido? e bo pero como é moi grande á xente dálle un pouco de medo pero el é demasiado bo.

15/04/2005

É extremadamente cariñoso coa xente pero un pouco dominante con outros machos en especial cando chega a hora da comida. Ten moi bo carácter.

11/04/2005

Cando viu estaba xestante, tivo aos seus 8 cachorros aos que coidou moi ben a pesar do seu pequeno tamaño. É moi cariñosa, doce e obediente. Moi boa.

05/04/2005

Debeu de ser un can que ata que chegou ao Refuxio estivo atado toda a vida ata o punto que houbo que cortarlle o colar porque xa o tiña enredado co pelo. Agora está recuperado, é cariñoso e como adelgazou ao mellorarlle a alimentación incluso parece máis novo.

31/03/2005

Era moi tímido pero como noutros casos iso solucionouse cando o xuntamos con outro can. É extremadamente cariñoso é de destacar a suavidade de seu pelo.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña