Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Está adoptado/a

Estes son algúns dos animais que xa foron adoptados.

Mostrando 7465-7476 de 7512
Mostrar:  

25/04/2005

Trip estaba ceibo en medio da autoestrada e a piques estiveron de atropelalo. Despois dunha custosa captura conseguiron atrapalo. Cando chegou ao Refuxio estaba ferido seguramente por algunha pelexa con algún can. É moi ?distinguido? e bo pero como é moi grande á xente dálle un pouco de medo pero el é demasiado bo.

19/04/2005

Vagabundeaba e unha voluntaria do Refuxio recolleuno. Estaba en malas condicións pero agora xa está recuperado e só pensa en xogar.

15/04/2005

É extremadamente cariñoso coa xente pero un pouco dominante con outros machos en especial cando chega a hora da comida. Ten moi bo carácter.

15/04/2005

É especialmente cariñoso e tranquilo. Non ten problemas con ningún can. Pensabamos que o adoptarían pronto posto que é bonito pero segue esperando que alguén se fixe nel.

11/04/2005

Cando viu estaba xestante, tivo aos seus 8 cachorros aos que coidou moi ben a pesar do seu pequeno tamaño. É moi cariñosa, doce e obediente. Moi boa.
SAZ

08/04/2005

Atopárona pola rúa. O único ?problema? que ten é a súa idade pero estamos convencidos de que pode estar nunha casa sen problemas.

05/04/2005

Debeu de ser un can que ata que chegou ao Refuxio estivo atado toda a vida ata o punto que houbo que cortarlle o colar porque xa o tiña enredado co pelo. Agora está recuperado, é cariñoso e como adelgazou ao mellorarlle a alimentación incluso parece máis novo.

31/03/2005

Era moi tímido pero como noutros casos iso solucionouse cando o xuntamos con outro can. É extremadamente cariñoso é de destacar a suavidade de seu pelo.

31/03/2005

É un can que xa intentaron adoptalo pero é moi medoso. Sen embargo no refuxio é todo o contrario: sociable, cariñoso, gústalle xogar, ... É cuestión de paciencia.

28/03/2005

Estaba vagabundeando polo monte. Tróuxoo unha señora que o atopou cando paseaba cos seus cans. Ao principio era tímido pero agora é cariñoso e sociable. Sen embargo é un can que demostra carácter e sabe gardar o seu.

28/03/2005

Estaba por Área Central paseando e pedindo mimos. A pesar de ser unha raza das clasificadas como perigosas a propia policía que o localizou deuse conta que era como un cachorro grande e extremadamente cariñoso. Rott só precisa un dono responsábel que o trate con cariño e non busque nel un arma de defensa.

23/03/2005

Tiña donos pero seguramente que se perdeu debido a que é un can xa maior. Coa idade van perdendo facultades auditivas, olfactivas e visuais polo que se despistan e perden con facilidade.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña