Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Mostrando 8437-8448 de 8577
Mostrar:  

29/03/2006

Estaba moi asustado cando chegou e mesmo atacaba pero, actualmente é moi cariñoso e lévase moi ben cos seus compañeiros de gaiola.

28/03/2006

É un dos moitos cachorros vítimas da cría irresponsábel dos cazadores. Chegou nunhas condicions penosas, con lesións na pel e moi parasitada. Agora está feliz e só quere dar cariño.

23/03/2006

Á última hora da mañá dan recado de que na parada do autobús de Zarramacedo había unha caixa con cachorros. Facía moito frío e estaban moi suxos.

20/03/2006

Atopárona atropelada, moi asustada e dolorida pero mostrábase amigábel. Pouco a pouco vaise recuperando.

13/03/2006

Achegouse a unha casa onde lle ofreceron comida. Quedou alí porque atopou o fogar que nunca tivo.

12/03/2006

Deixárona na porta xunto coa sua irmá. Asustadas e famentas, probabelmente son o resultado dunha cría irresponsábel.

11/03/2006

Ainda non ten un ano e a súa vida non foi moi boa. Así o amosa o medo que mostraba, aínda que é un cachorro. Esperemos que unha familia lle cambie a vida.

04/03/2006

Meteuse nun garaxe, quizais porque alguen lle fixo unha caricia, e pensou que eles serían a súa familia, pero, desgrazadamente eles non o podían ter.

27/02/2006

Apareceu no aparcadoiro do aeroporto, toda chea de lixo. Ten puntos no abdome, seguramente porque foi ser esterilizada. É extremadamente cariñosa.

25/02/2006

Devolvérono porque non ladraba aos sete días de recollelo. Un animal ladra porque defende o seu territorio pero, só nunha semana, é de esperar que aínda non saiba se ese é o seu fogar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña