Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo medio
Mostrando 1057-1068 de 1085
Mostrar:  

20/03/2006

Atopárona atropelada, moi asustada e dolorida pero mostrábase amigábel. Pouco a pouco vaise recuperando.

11/03/2006

Ainda non ten un ano e a súa vida non foi moi boa. Así o amosa o medo que mostraba, aínda que é un cachorro. Esperemos que unha familia lle cambie a vida.

27/02/2006

Apareceu no aparcadoiro do aeroporto, toda chea de lixo. Ten puntos no abdome, seguramente porque foi ser esterilizada. É extremadamente cariñosa.

20/02/2006

Ía moi desorientado pola rúa e estivo a punto de ser atropelado en varias ocasións. Cando se atopan perdidos, desoriéntanse porque só intentan buscar de novo ao seu dono.

29/01/2006

É un can extremadamente cariñoso. Ten un tamaño ideal para estar nunha casa. Non se adapta ao Refuxio porque, probabelmente, vivía nun piso.

28/01/2006

A súa dona morreu e os seus netos trouxérono ao Refuxio, xunto cun compañeiro, porque se escapaba e comía ás galiñas pero é moi cariñoso.

02/01/2006

Tiña un cacho de cadea inserida no pescozo, probabelmente dun cazador. É moi bo e leva moi mal estar pechado.

09/12/2005

Ao principio era incapaz de facer as súas necesidades dentro da gaiola. Pasouno moi mal, é moi tranquilo. Agora, debido á idade, é un pouco cascarrabias ata que coñece aos compañeiros. Está apadriñado

11/11/2005

Botárona por tres veces de Área Central: levaba así tres días. Localizamos á dona porque tiña microchip e informámola de que estaba no Refuxio

26/10/2005

Atopárona polas rúas. Levaba varios días vagamundeando. O seu corpo estaba sen pelo, cheo de feridas, moi delgada. Pero era moi cariñosa. Actualmente está totalmente recuperada e é preciosa.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña