Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Está adoptado\a

Estes son algúns dos animais que xa foron adoptados.

Mostrando 7501-7510 de 7510
Mostrar:  

21/01/2005

É unha cadela que naceu salvaxe no monte e chegou sendo un cachorro. Logo de convivir no Refuxio con outros cachorros logrou coller confianza.

20/01/2005

Vagabundeaba pola rúa do Hórreo e aínda tiña a súa correa. Por isto pensamos que pronto aparecería o seu dono xa que parecía que se escapara dunha casa.

05/01/2005

Chegou aterrorizado por unha mala experiencia pero pronto se amosou amigábel. Estiveron a piques de adoptalo varias veces pero ao final non tivo sorte.

05/01/2005

O caso de Dona é moi triste. Chegou ao Refuxio ao morrer o seu dono. A pesar de ser unha cadela boa, tranquila e educada para estar nun piso a familia do dono non quixo facerse cargo dela. Ao principio estaba moi desconcertada porque non entendía que fixera mal para que o seu dono a abandonara. É unha cadela moi educada ata o punto de que non fai as súas necesidades no canil xa que para ela é como un piso. É recomendábel como compañeira xa que é moi cariñosa. A xente non sabe o que se perde ao non adoptala.

05/01/2005

A Bribón tróuxoo un día garda civil xa que detiveran ao seu dono e non había ninguén que se fixera cargo del. É un can fiel ata o punto de que non saía do cuartel da garda civil onde vira por última vez ao seu dono e a pesar de que as portas estaban abertas. É un can ideal para unha finca xa que non lle gustan os sitios pechados.

30/12/2004

Budi procede da antiga canceira. Cando chegou ás nosas mans estaba moi delgado e tivemos que prestarlle moita atención para que recuperara o seu peso ideal. Budi debeu pasar unha mala experiencia con algún cazador porque ao principio asustábase ao escoitar algún disparo no monte ou calquera ruído seco. Ten un gran carácter.

30/12/2004

Bandido foi o primeiro can que chegou ao Refuxio xa que alguén a abandonou cando aínda estaba en obras. Desde aquela Bandido fixo do Refuxio a súa casa. É un can cun carácter encantador, tímido ao principio pero unha vez que colle confianza é fiel e un gran defensor do seu fogar.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña