Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Falecido/a

Mostrando 421-432 de 443
Mostrar:  

08/06/2017

Atopada na EDAR en Silvouta, chega con moito medo, moi nerviosa e non para de morder a correa; uns minutos máis tarde xa se achega. Chega fraca e sucia.      

11/02/2017

Atopado na zona de Roxos, chega moi asustado, sucio e co pelo cheo de nós.  Segue a ser un canciño bastante medroso e desconfiado.  

 

07/02/2017

Pedro é un mico nobre, tímido, independente e tranquilo, ao que lle segue a custar confiar un pouco nos humanos, seguro que como consecuencia da súa vida pasada. Foi atopado no Barrio de San Pedro (Santiago de Compostela) no 2017 e dende entón segue con nós á procura de que alguén se fixe nel e lle ofreza un fogar definitivo. Lévase ben con outros gatos e aínda que segue a ser medroso, déixase manipular perfectamente e encántanlle as lambonadas.            

02/02/2017

Furacán chegou ao Refuxio a comezos do 2017, polo que xa leva máis de dous anos connosco. Ao principio chegou morto de medo, ocultábase nos lugares máis recónditos da gateira na que vive para pasar desapercibido. A día de hoxe, aínda que segue a ser medoso, xa comeza a confiar un pouco e atura sen problemas a presenza humana, aínda que lle segue custando achegarse o suficiente como para darlle os agarimos que tanto se merece. É un mico noble, tranquilo e independente que busca un fogar onde a persoa ou persoas que o adopten poidan darlle o espazo e a compresión suficiente que un mico como Furacán precisa. Calcúlaselle que pode ter arredor de cinco anos.    

12/09/2016

Sorriso é outra das nosas avoíñas, polo que nos gustaría que atopase un fogar canto antes. É unha cadela fiel, boíña, afectuosa e adorable. Ten arredor de dez anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitada, esterilizada, vacinada e con chip.    

02/09/2016

Aragorn chegou ao Refuxio  logo de que o recollesen no concello de Teo, cheo de medo. Agora, aínda que segue a ser medroso, mellorou moito e ata disfruta da compañía da xente. É un can moi tranquilo que non busca problemas e o único que quere é pasear e estar ao seu aire. Porén, é un canciño moi bo que nunca mostrou mala actitude cara a ninguén. Ultimamente está algo máis triste, polo que pensamos que xa é hora de que atope un fogar definitivo.

06/05/2016

Pallá é un canciño agarimoso e bonachón, cunhas orellas moi características que fan del un can moi especial. Cando chegou era un pouco mandón con outros machos, pero agora, catro anos máis tarde e con máis de dez anos ás súas costas, é un can pacifico e tranquilo. Pode convivir con outros amigos peludos sen problema ☺️ Merece atopar un fogar xa que é un avoíño e o Refuxio non é o lugar máis adecuado para el. Alguén se anima?    

14/04/2016

Leirene é unha cadela boa, agarimosa e que sabe pasear perfectamente coa correa. Iso si, non é moi fan do peiteado e monta algún que outro drama cando toca sesión de perruquería por parte dalgún dos nosos voluntarios Menos mal que ten un pelo que non se emporca demasiado!
Con outros cans lévase xeralmente ben, aínda que tolera mellor os machos que as femias. Aínda así, no caso de compartir fogar con outro peludo, o ideal sería que se coñecesen antes para ver cómo reaccionan ambos.
É unha cadela moi alegre e que transmite alegría alá por onde vai! Xoguetona e adorable
 

02/04/2016

Recollido en Santiago de Compostela no 2016, Gord segue a ser un can moi activo a pesar de ter uns dez anos. Non é especialmente cariñoso aínda que se deixa manipular, excepto á hora do peiteado que non o leva nada ben. A pesar de todo o tempo que leve con nós ninguén preguntou por el, pero agardamos que a súa sorte cambie e por fin alguén lle dea unha oportunidade.      

28/03/2016

Atopado na estrada en Teo, chega moi flaco, e parasitado, tipico can de caza. Chega pola P.Civil de Teo.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña