Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Falecido/a

Mostrando 433-443 de 443
Mostrar:  

16/03/2016

Saleta é dos gatos que máis tempo levan no Refuxio. Foi recollida por Protección Civil na terraza dun edificio, pero parece unha gata feral. Convive con máis gatos e lévase ben con eles, pero coa xente segue a ser bastante tímida.      

21/11/2015

Atopado en san Pedro con outro can, moi nervioso e intranquilo, normal xa que está nun lugar que descoñece.

05/04/2015

  Atopado na zona da Policía Autonómica de Santiago, Tito chegou ao refuxio sendo aínda un bebé e aquí segue, despois de varios anos. É un can moi agrimoso coas persoas, moi activo e enérxico. Entregarase con contrato de adopción, chip, desparasitado, vacinado e esterilizado.        

12/03/2015

Shalma foi atopada na zona de Poza de Bar (Santiago de Compostela) xunto a outro can (Jallek), ambos moi medrosos. A Shalma e a Jallek atopáronos xuntos, xuntos chegaron ao Refuxio e dende entón son inseparables. Son nobres, agarimosos e sociables tanto cas persoas como con outros cans. Levan demasiado tempo no Refuxio polo que cremos que xa merecen atopar un fogar e o que máis nos gustaría é que fose conxunto. Entregaranse con contrato de adopción, desparasitados, vacinados, con chip e esterilizados.    

25/10/2014

Atopada preto das Cancelas (Santiago de Compostela), Lunerata chegou ao Refuxio a finais do 2014 e aquí segue, á espera de que alguén se fixe nela. É unha cadela enérxica, activa e dinámica á par que sociable e agarimosa. Encántalle xogar e correr.      

02/07/2014

Aparece atado na porta xunto a súa compañeira, estaban mortos de medo e mollados. Nótase que os maltrataron (sobre todo a el)

03/01/2014

Recollida en Lavacolla (Santiago de Compostela) xunto aos seus oito irmáns cando apenas tiñan tres semanas de vida.
As Boschas chegaron ao Refuxio xunto cos seus outros sete irmáns, de aí os seus nomes impersoais, diferenciándose unha da outra por un número. Salvo Boscha 5 e Boscha 7, todos os cachorros atoparon un fogar cando apenas tiñan uns meses de vida. Pero disto fai xa varios anos e elas aquí siguen con nós, agardando a súa oportunidade. Polo tanto, nunca coñeceron outra cousa máis alá do Refuxio.
Boscha 5 é máis inqueda e por iso ten algunhas cicatrices, porque ás veces pode chegar a ser un pouco pesada con outros cans, especialmente coa súa irmá. Boscha 7, porén, é a encargada de poñer calma en calquera situación, apreciando moito máis os agarimos que a súa irmá. Ambas son bastante activas e sociables, ademais de lambonas (nunca din que non a unha larpeirada, sexa cal sexa) e ben merecen un bo fogar que compense todos estos anos nun canil.

30/05/2013

Atopado en San Xian. É un can grande, está mal coidado e é desconfiado. Ten medo á xente e á correa. Pode que cambie cando se tranquilice.

07/08/2012

Urxe atopar un fogar para Coro Leva no Refuxio dende o 2012 e sofre de insuficiencia renal, polo que nos gustaría que puidese pasar o tempo que lle quede de vida nun fogar. Alguén se anima a facerlle un óco? Ten arredor de dez anos.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña