Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Gato\a

Mostrando 229-240 de 247
Mostrar:  

16/08/2021

Recollido na rúa do Avío (Santiago de Compostela). Chega con moito medo.

02/08/2021

Recollida no concello de Brión cunha pata traseira fracturada e infectada. É moi boíña.  

16/07/2021

Recollida no concello de Brión. Bastante medrosa pero agardamos que pouco a pouco vaia collendo confianza.

18/06/2021

Recollida xunto cos seus cachorros na zona de Angrois. É bastante medrosa e chegan delgados e resfriados.

05/06/2021

Recollida no concello de Santiago de Compostela. Algo medrosa pero boíña.

05/06/2020

Recollida en Santiago de Compostela xunto con outros cinco gatos. É algo medrosiña pero sociable.

12/02/2020

Recollido no concello de Brión xunto co seu irmán Edén. É algo medroso, pero gústalle a xente, e lévase ben con outros gatos. Xoguetón e curioso.

19/06/2019

Maggie chegou ao Refuxio o pasado verán, logo de que a recollesen na zona deVite (Santiago de Compostela) con síntomas de intoxicación e con cachorros mortos no seu interior ???? Por esa zona apareceran varios gatos envelenados e pensamos que Maggie seguramente se intoxicase co mesmo produto, pero ela tivo máis sorte e recollérona a tempo. Tivo que estar ingresada e a tratamento pero, como podedes ver, agora está máis que recuperada e lista para irse a un fogar definitivo. É algo tímida, pero gústalle a xente e lévase ben con outros gatos. Precisa alguén con paciencia e que non lle importe gañarse a súa confianza pouco a pouco.          

19/06/2019

Recollida na zona de Conxo (Santiago de Compostela), atropelada e cunha fractura de cadera. Agora xa se atopa recuperada e lista para irse a un fogar definitivo, pero precisa alguén que xa teña experiencia con gatos porque é moi medrosa. Lévase ben con outros gatos e é moi xoguetona.

Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña