Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Quere ser apadriñado

Mostrando 37-48 de 476
Mostrar:  

19/10/2017

Atopado en Arins, moi desconfiada pero dandolle comida vai á man. Normal que esté asustada, acaba de chegar. Sube o refuxio polo Servicio de Lacería.

11/10/2017

Atopado en Lamas de Abade, moi boíño e cariñoso, limpo e non parasitado. Sube polo Servicio de Lacería.

09/10/2017

Atopado en Brandía pola tardiña, moi sumisa e con medo, normal porque non está habituada a estar no Refuxio. Moi boíña e adulta.

06/10/2017

Camada de dous gatiños de apenas un mes, irman de 571-17 Sheila, algo asilvestrados pero é normal ao ser rueiros, co tempo pronto se docilizan. Moi parasitados e atopados polo Servicio de lacería en Basquiños.

11/09/2017

Dober é un can que chama a atención polo seu porte e a preciosa cor do seu pelo.Porén, nunca ninguén preguntou por el, a pesar de ter sido tamén un dos nosos protagonistas do calendario 2019. Cando chegou era un can extremadamente medroso ao que non lle gustaba nada a presencia da xente, pero pouco a pouco foi confiando na xente e aínda que queda algo de traballo por diante, xa goza da compañía e dos paseos. É un can moi xoguetón e activo, e lévase ben con outros cans.   

 

01/09/2017

Atopada na C.V. de Cosmopet, moi boíña e cariñosa, xoguetona e cativa, segue á xente para correr e xogar.

01/08/2017

Atopado en San Xian De Sales en Vedra, sube pola Proteccion Civil. Moi bo e tranquilo, andaba pola zona comendo polos e galiñas, normal se anda asustado e sen comida.
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña