Buscar

Introduza unha cadena de búsqueda.

😃

Horario

En caso de atopar un animal extraviado/abandonado fóra deste horario, poden chamar ao 092 ou ao 112.

Filtrar Ingresos

Estado

Todos os animais

Pelo medio-curto
Mostrando 337-348 de 410
Mostrar:  

25/07/2019

Foi recollido nos arredores do Refuxio logo de que levase uns días pola zona. É un can boíño, moi activo e que non ten problema con outros cans. Ademais, é extremadamente delicado e nunca tivo un mal xesto con ninguén a pesares de que fai uns meses tivo que estar hospitalizado e con curas tras ser mordido por un compañeiro de canil, e saír moi mal parado. Porén, nunca se queixou e deixábase manipular sen problema. Pensamos que logo de pasalo tan mal, é xa hora de que atope a familia que merece, que lle dea todos os mecos e todo o cariño que non tivo. Alguén se anima?

15/07/2019

Recollido en Boqueixón, na mesma zona onde uns días antes apareceu tamén Pistón, o que pensamos que pode ser seu irmán. Ao igual que Pistón, chega moi parasitado pero non tan delgado. Moi boíño e sociable.

13/07/2019

Recollido na zona da Galuresa de Roxos (Santiago de Compostela). Moi boíño e sociable.

08/07/2019

Foris foi recollido xunto cos seus catro irmáns no interior dunha caixa de cartón en Santiago de Compostela. Moi boíño.

08/07/2019

Libra foi recollida xunto cos seus catro irmáns no interior dunha caixa de cartón en Santiago de Compostela. Moi boíña.

08/07/2019

Cometa foi recollida xunto cos seus catro irmáns no interior dunha caixa de cartón en Santiago de Compostela. Moi boíña.

08/07/2019

Draco foi recollido xunto cos seus catro irmáns no interior dunha caixa de cartón en Santiago de Compostela. Moi boíño.

28/06/2019

Recollido en Santiago de Compostela a primeiros do verán pasado, é un canciño moi alegre e activo ao que lle encanta correr cos seus compis de canil e ir de mimo en mimo sempre que se presenta ocasión. Entregarase con contrato de adopción, chip, vacinado, desparasitado e esterilizado.

14/06/2019

Recollida xunto con Noa no concello de Teo e a súa adaptación non foi doada. Chegaron moi asustadas pero pouco a pouco foron collendo confianza. Lúa é unha cadela moi tranquila e cariñosa. Tivo que ser intervida debido a unha infección de útero, pero xa está completamente recuperada e lista para irse a un fogar definitivo xa que, como nos demostrou, aínda lle queda moita guerra que dar 😃
Apadriñamento

Apadriñamento

Fórmula para quen queira aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano ou dar un fogar e coidados aos animais con poucas posibilidades de adopcións, sendo costeados os gastos.

Voluntariado

Voluntariado

Podes participar no teu tempo libre en tarefas de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, socialización, actividades.

Asociarse

Asociarse

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Casas de acollida

Casas de acollida

Existen casos de cans e gatos que por diferentes motivos (idade, dependencia dos humanos, etc) precisan dun fogar de acollida temporal mentres non atopamos un definitivo.

Club Fundación

Club Fundación

Se queres colaborar coas distintas actividades que se levan a cabo na Fundación podes facerte socio cunha aportación anual.

Logo REFUXIO DE BANDO
   
Zarramacedo (Bando)
Tel: 981 575 957 /
646 492 835
refuxio@refuxio.gal
Lun
Mar
Mer
Xov
Ven
Sáb
Dom
Moitas grazas a todas as persoas socias, voluntarias, madriñas e tamén a empresas comprometidas como estas
Deputación da coruña